Antón Cortizas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954) é un mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega. Foi galardoado co premio Merlín en 2001, e co premio O Barco de Vapor en tres ocasións (1988, 1991 e 1995).
[editar] Obra
- O coleccionista de sombras, 1987, teatro
- Memorias dun río, premio O Barco de Vapor 1988
- Xiganano, onde estás?, 1990
- O conto dos sete medos, premio O Barco de Vapor 1991
- O lapis de Rosalía, 1992, narración. O lapis de Rosalía non escribe as frases retóricas que vai ditando unha mestra autoritaria, senón frases imaxinativas e poéticas.
- O caso das chaves desaparecidas, 1993
- A bruxa sen curuxa, 1993
- O incríbel invento de Solfis, a pianista, 1994, teatro
- O merlo de ferro, 1995
- Os berros das Illas Lobeiras, premio O Barco de Vapor 1995
- Historias, e algún contratempo, todas ditas en romance, 1996, narración en verso
- O ladrón de ar, 1996, teatro (orixinal de 1988)
- Leonel, 1996, novela xuvenil
- Contos de vento e de nunca acabar, 1999
- A merla de trapo, premio Merlín 2001
- Cázame ese pensamento!, 2001
- Chirlosmirlos (Enciclopedia dos xogos populares), 2001, ensaio
- Dominicus, o dragón, 2001, narración en verso. Dominico é un dragón que amola ao seu pobo ao ir prendendo lume a todo o que atopa ao seu paso; e o día que de súpeto se lle terminan as chamas, a situación invístese: fará de bombeiro e irá apagando todo o que atopa ao seu paso.
- Onde o sol non adormenta, 2003