Amianto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amianto | |
---|---|
Fórmula química: | |
Clase: | |
Subclase: | |
Sistema cristalino: | |
Cor: | |
Brillo: | |
Dureza: | |
Fractura: | |
Exfoliación: | |
Raia: | |
Densidade: |
O amianto, tamén chamado asbesto, é un grupo de mineral rochas metamórficas fibrosos. Están compostos de silicatos de cadena dobre.
Asbesto é o nome que se lle da a un grupo de seis materiais fibrosos diferentes (amosita, crisotilo, crocidolita e as formas fibrosas de tremolita, actinolita e antofilita) que ocorren en forma natural no ambiente.
Os minerais de amianto teñen fibras longas e resistentes que se poden separar e son suficientemente flexíbeis como para ser entrelazadas e tamén resisten altas temperaturas. Debido a estas características, o amianto empregouse para unha gran variedade de produtos manufacturados, especialmente na construción (tellas para tellados, baldosas e azulexos, produtos de papel e produtos de cemento con amianto), produtos de fricción (embragues de automóbeis, frenos, compoñentes de transmisión), materiais téxtiles termoresistentes, envases e revestimentos. Algúns produtos de vermiculita e de talco poden conter amianto.