See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
American Beauty - Wikipedia

American Beauty

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

American Beauty é unha película dramática de 1999 que trata sobre o amor, a liberdade ou a independencia persoal, a familia e o soño americano.

A pelicula gañou cinco Premios Oscar, inluido o Oscar o mellor filme, e está catalogada como unha das películas máis exquisitas gañadoras dun Oscar, en toda a sua historia.

Índice

[editar] Temas

  • As apariencias. Este filme explora temas como a importancia imposta pola sociedade occidental moderna á apariencia e o éxito económico, e fala de como isto deforma as relacións interpersonais e como se xera a necesidade de escapar.
  • As relacións de familia. A película trata sobre a familia composta por Lester (Kevin Spacey,o protagonista), a súa muller Carolyn e a súa filla adolescente Jane, que se relacionan con outras persoaxes, incluidos os seus veciños, a familia Fitts.

Se a familia de Lester, Carolyn e Jane é un desastre, isto é debido a que non hai comunicación entre eles. Ámbolos dous pais están moi ocupados cos seus problemas persoais como para prestarlle a atención que Jane desexaría. Neste caso, por exemplo, Lester, aínda que no fondo sí se preocupa pola súa filla, non ten a iniciativa de poñerse a falar con ela.

Por outro lado, a familia Fitts está sometida ó despotismo do pai, Frank Fitts, antigo coronel da Marina, que a goberna con man de ferro. O Coronel Fitts é un maltratador que ten completamente anulada á súa esposa, e incluso propina ó seu fillo Ricky palizas brutais, chegando a ter que ser hospitalizado.

[editar] Reparto

  • Kevin Spacey como Lester Burnham
  • Annette Bening como Carolyn Burnham
  • Thora Birch como Jane Burnham
  • Mena Suvari como Ángela Hayes
  • Wes Bentley como Ricky Fitts
  • Chris Cooper como Coronel Frank Fitts
  • Allison Janney como Bárbara Fitts
  • Peter Gallagher como Buddy Kane

[editar] Personaxes principais

  • Lester Burnham. Cuarentón que vive unha existencia gris e desexa cambiar de vida. Aínda que non o expresa, quere moito á súa filla Jane e incluso á súa muller, a pesar de estar pasando por unha crise matrimonial con ela.
  • Carolyn Burnham. Esposa de Lester. É unha muller moi ambiciosa, cargada de manías, que vive máis centrada nas apariencias e nas esixencias do seu traballo que na propia felicidade da súa familia.
  • Jane Burnham. Filla de Lester e Carolyn. É unha adolescente insegura, acomplexada polo seu físico e ten a sensación de que seus pais non a entenden. Por isto mesmo, apóiase no seu mozo, Ricky Fitts, xa que a súa amiga Angela é moi diferente a ela.
  • Ricky Fitts. Veciño dos Burnham, acaba de mudarse coa súa familia á casa do lado. Personaxe moi importante, xa que cambia radicalmente a vida dos Burnham. Pasa o seu tempo libre gravando en vídeo escenas da vida cotiá, e en particular, ós seus veciños (especialmente a Jane). Así é como coñece a Jane e declárase o seu admirador, facéndolle ver que ela non ten nada que envexarlle a ninguén. Tamén coñece a Lester, con quen entabla unha amizade a través da venda de marihuana.
  • Coronel Frank Fitts. É o pai de Ricky Fitts, antigo coronel da marina americana e ten a súa familia sometida aos seus abusos sen consideración. Lévase bastante mal con Lester Burnham porque pensa que mantén unha relación sexual co seu fillo, debido que o seu fillo vai moitas veces á súa casa. De feito, o Coronel, ao final da película nun momento de desesperación, dalle un bico a Lester para comprobar se este é homosexual.
  • Ángela Hayes.É a mellor amiga de Jane e é a fantasía sexual do pai desta. É moi superficial e hipócrita, debido a que lle mentía nas súas relacións á súa amiga, e é un personaxe moi importante debido a que cambia a vida do protagonista.

[editar] Argumento

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.


A película trata da vida de Lester Burnham, de 42 anos, un executivo de publicidade de Chicago e pai de familia. Ó principio, escóitase a Lester describindo o seu entorno e a súa familia, que é un desastre. A súa esposa Carolyn é unha ambiciosa vendedora inmobiliaria á que só lle importa o éxito profesional. A súa filla Jane, de 16 anos, é unha típica adolescente apática e con complexos que se queixa do seu pai porque non lle presta sufiente atención e porque, segundo ela, “non é normal”. Lester dinos : "Janie é unha típica adolescente: enfadada, insegura e confusa. Gustaríame dicirlle que todo isto pasará, pero non quero mentirlle". Jane e Lester levan tempo sen falarse. Lester autodescríbese como un perdedor, aburrido, alguén fácil de esquecer. Pero a súa vida vai sufrir un cambio radical...

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -