Alfa Centauri
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
α Centauri (Rigil Kentaurus ou Toliman), estrela de magnitude 0, a cuarta máis brillante do ceo que se atopa a só 4,4 anos luz da Terra. É un sistema estelar triple onde a estrela secundaria pode ser vista cun telescopio de mediana apertura. A terceira compoñente denominase Próxima Centauri, unha anana vermella cun vinteavo do diámetro solar a 4,2 años luz do Sol.