Al-Kindi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abu Yousuf Yaqub ibn Ishaq al-Kindi (Kufa 800? - 873, árabe: (Arabic: أبو يوسف يعقوب ابن إسحاق الكندي), tamén coñecido como Alkindus en Occidente, foi un filósofo, científico e oftalmólogo árabe.
Fillo dun oficial do califa Harun al-Rashid, entrou ao servizo al-Mutawakkil como calígrafo. Ao igual que Averroes, Avicena e Alhazen, fou un mestre en moi diversas áreas de coñecemento. Foi un experto en música, filosofía, astronomía, medicina, xeografía e matemáticas, e pasou moitos anos en Bagdad dedicado ao estudo desas materias.
Foi o primeiro farmacólogo en determinar e aplicar a dose correcta para moitas das drogas coñecidas no seu tempo, como químico foi un firme opeñente da alquimia, como matemático escribiu libros dedicados áo sistema numérico creado por Al-Khawarizmi, traduciu a Aristóteles e a outros filósofos gregos áo árabe. Autor prolífico escribiua máis de 250 libros, moitos deles traducidos na Idade Media ao latín.