See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Afonso VII de Castela - Wikipedia

Afonso VII de Castela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Miniatura representado a Afonso VII, o primeiro monarca da Casa de Borgoña en León e Castela, existente no Tombo de Santiago de Compostela.
Miniatura representado a Afonso VII, o primeiro monarca da Casa de Borgoña en León e Castela, existente no Tombo de Santiago de Compostela.

Afonso Raimúndez, o Emperador, (Caldas de Reis, 1 de marzo de 1105 - Fresneda (talvez El Viso del Marqués, 21 de agosto de 1157), foi un rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Índice

[editar] Rei de Galiza, León e Castela

Foi proclamado rei en 1109 polo seu aio, Pedro Froilaz, Conde de Traba; dous anos máis tarde o Bispo Diego Xelmírez consagrouno como monarca na catedral compostelá. En realidade, a cerimonio tivo máis de formal que de efectivo; con ela, Pedro Froilaz procuraba que, no caso de que a súa nai, Urraca -casada con Afonso de Aragón- viñese ter un fillo deste, non se visen afectados os dereitos do futuro Afonso VII ao trono e, en todo caso, puidese preservar sempre a herdanza do seu pai, Raimundo de Borgoña. Se ben que algúns historiadores indican que, no acto compostelán, foi proclamado "rei de Galiza", o certo é que as crónicas falan de que o bispo o consagrou apenas como "rei", entendendo, deste xeito, que era o lexítimo herdeiro do seu avó, Afonso VI.

O 10 de marzo de 1126, á morte da súa nai, foi coroado rei de León e de inmediato emprendeu a recuperación do reino de Castela, que estaba baixo o dominio de Afonso I de Aragón. Coas Paces de Támara de 1127, púxose fin á disputa entre os dous monarcas e Afonso VII foi recoñecido como rei de Castela.

Apesar deste recoñecemento, Afonso tívose que enfrontar ás diversas rebelións suscitadas nos territorios máis próximos a Aragón, debido á longa autonomía que estas rexións atinxiran desde a morte do seu avó, o rei Afonso VI de Castela.

[editar] Aspiracións territoriais

Após a morte, sen descendencia, do rei navarro-aragonés Afonso I en 1134, Afonso VII pretendeu ao trono, mais sen éxito xa que, finalmente, a sucesión recaeu no irmán de Afonso I, Ramiro II. Apesar disto, Afonso ocupou A Rioxa, conquistou Zaragoza e ditaminou de feito os gobernos de ambos os dous reinos en diante. Desde entón o escudo de Zaragoza figura no escudo de armas do Reino de León. En escaramuzas varias, derrotou o exército navarro-aragonés, submetendo este reino á súa vasalaxe. Apoiado por nobres ao norte dos Pirineos, controlou amplos territorios do sul da Francia, chegando até o río Ródano.

Axudou nas loitas do conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV contra os condados cataláns, conseguindo unificar a Marca Hispánica.

En 1135 foi corado imperador nos Reinos Hispánicos na catedral de León polo papa Gregorio VII, expresando así a súa pretensión de hexemonía peninsular e de exclusividade na reconquista. Porén, en 1123 tivo que recoñecer a seu curmán Afonso Henriques (Afonso I de Portugal) como rei de Portugal, así como o matrimonio de Ramón Berenguer IV con Petronila de Aragón, que uniu definitivamente Aragón cos condados cataláns, creando así a Coroa de Aragón. Con este último acordaría os limites da reconquista para cada un dos dous estados.

[editar] Reconquista

Desde 1139 levou a cabo expedicións e ataques de saqueo incitando as sublevacións das poboacións almorábides. A invasión dos almohades a partir de 1146 obrigouno a fortificar a fronteira e a pactar co almorábide Ibn Ganiya para organizar a resistencia.

En 1144 chegou até Córdoba e en 1147 tomou Almería xunto co rei de Aragón e Navarra e o conde de Barcelona.

En 1157 os almohades recuperaron o control de Almería e Afonso morreu encanto regresaba a León. Os seus dous fillos repartiron o reino que, de novo, ficou dividido en dous, o Reino de León e o Reino de Castela.

[editar] Matrimonio e descendencia

En 1128 casou en Saldaña (Palencia) con Berenguela de Barcelona, filla do conde de Barcelona Ramón Berenguer III e, por tanto, irmá de Ramón Berenguer IV. Desta unión naceron:

En xullo de 1152 casou con Riquilda de Polonia, filla do rei Ladislao II de Polonia. Tiveron dous fillos:

  • Fernando de Castela (1153 - 1155)
  • Sancha de Castela (1156 - 1208), casada en 1174 co rei Afonso II de Aragón.


Dos seus amoríos con Gontrada Pérez (o Guntroda Díaz) naceu:

  • Urraca Afonso de Castela (1126 - 1189), casada en 1144 co reu García Ramírez de Navarra "o Restaurador".


Dous seus amoríos con Sancha Fernández naceu:

  • Estefanía de Castela (1150 - 1180), casada con Fernán Ruiz de Castro.
Reino de Galiza

Segue a:
Dona Urraca
Afonso VII de Castela
Precede a:
Fernando II de León
Borgoña
Reino de León

Segue a:
Dona Urraca
Afonso VII de Castela
Precede a:
Fernando II de León
Borgoña
Reino de Castela

Segue a:
Dona Urraca
Afonso VII de Castela
Precede a:
Sancho III de Castela
Borgoña

[editar] Bibliografía

  • D. Afonso VII, Rei de Galiza, e o seu aio o Conde de Traba Antonio López Ferreiro, 1885, Reeditado en Noia, Editorial Toxosoutos, 2006.
  • The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VII 1126-1157 Bernard F. Reilly, Philadelphia : University of Pennsylvania Press, [1998] ISBN 0-8122-3452-9


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -