Aerosol (inhalante)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un aerosol é un conxunto de partículas suspendidas nun gas. O termo se refire tanto ás partículas como ao gas no que as partículas están suspendidas. Ás veces, os aerosois son empregados como drogas para a súa inhalación. O termo "inhalantes" se utiliza para describir unha variedade de substancias cuxa característica común é que rara vez, ou nunca, son empregadas por outra ruta que non sexa pola de inhalación e o seu consumo ten a intención e a de provocar algún efecto no organismo do consumidor.
[editar] Tipos de aerosois empregados como inhalantes
Os aerosois son difusores que conteñen propulsores e disolventes. Estes inclúen as pinturas pulverizadas, atomizadores para desodorizantes e fixadores de pelo, difusores de aceite vexetal para cociñar e difusores para protexer tecidos.