Adopción por parellas homosexuais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A adopción por parte de parellas homosexuais é legal en Bélxica, os Países Baixos, Suecia, Sudáfrica, España, Islandia, o Reino Unido e en certos territorios de Canadá e Estados Unidos. Dinamarca, Francia, Alemaña, e Noruega permiten a adopción do fillo do outro membro dunha parella de feito ou unión civil.
Dende a regulación do matrimonio entre personas do mesmo sexo en España contémplase esta posibilidade no Estado Español. Anteriormente diversas comunidades autónomas xa permitían a adopción conxunta ás parellas de feito. España foi o primeiro país no que se acadou a igualdade total en materia de matrimonio e adopción para as parellas homosexuais, xa que cando entrou en vigor a nova lexislación española, o 3 de xullo de 2005, as leis holandesas aínda non permitía ás parellas homosexuais adoptar nenos estranxeiros.