Adobe Systems Incorporated
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tipo | |
---|---|
Lema | {{{lema_compañía}}} |
Fundada | 1982 |
Localización | California (Estados Unidos) |
Persoas clave | John Warnock Charles Geschke |
Industria | Informática |
Produtos | Programas Informáticos |
Beneficio | |
Beneficio Operativo | |
Beneficio Neto | |
Empregados | |
Páxina Web | Adobe Systems España |
{{{notas}}} |
Adobe Systems Incorporated é unha empresa de software con sé en San José (California, Estados Unidos) fundada en decembro de 1982 por John Warnock e Charles Geschke. Destaca no mundo do software polos seus programas de edición de páxinas web, vídeo e imaxe digital. Adobe xogou un rol significativo no comezo da revolución da autoedición cando Apple comezou a utilizar PostScript para a súa liña de impresoras LaserWriter en 1985.
Índice |
[editar] Historia
A finais dos anos 80, logo de que o Postscript comezase a popularizarse, Adobe lanzou ao mercado Adobe Illustrator, que pronto se converteu nun dos programas indispensables para os profesionais gráficos. A principios dos 90, saíu a primeira versión de Photoshop que eventualmente sería un dos programas insignia da empresa e un dos seus produtos máis vendidos.
Acrobat e o formato PDF tardaron en atopar o seu lugar no mercado, pero a medida que as aplicacións ían integrándose máis as vantaxes do PDF fóronse facendo máis evidentes e actualmente é o estándar no que a intercambio de documentos digitales respecta.
Adobe non conseguira desenvolver unha aplicación DTP, e polo tanto adquiriu Aldus en 1994, que producía Pagemaker, para competir con QuarkXPress, pero isto non foi suficiente e en 1999 foi presentado InDesign, que progresivamente foi ocupando lugares antes exclusivos de Quark, aínda que aínda non supera o seu market share.
No ano 2005 Adobe comprou Macromedia, coñecida empresa de software distribuidora dos programas Flash, Dreamweaver, Director, Fireworks, e Freehand entre outros.
[editar] Produtos e Tecnoloxías
Adobe produce aplicacións de nivel profesional destinadas ao retoque fotográfico (Photoshop), debuxo vectorial (Illustrator), maquetación (InDesign), edición de vídeo (After Effects, Premiere), documentos dixitais (Acrobat), contido web e multimedia (Dreamweaver e Flash), entre outros. Coa adquisición de Macromedia en 2005, Adobe ampliou os produtos que ofrecía con aplicacións e tecnoloxías que se complementaban coas que xa posuía. Adobe tamén é distribuidor de tipografías dixitais.
Un dos principais méritos da empresa foi a creación da linguaxe Postscript, que é a linguaxe que usan as impresoras láser para imprimir correctamente. Un dos desenvolvementos máis coñecidos de Adobe Systems é o formato PDF (Portable Document File) e Adobe Acrobat, programa que traballa con ese formato, e distribúese en diferentes versións: Adobe Reader (só permite ler PDF e é gratuito) e Adobe Acrobat (comercialízase en edicións estándar e profesional), que permite crear documentos e outras numerosas opcións sobre o formato. Na actualidade Adobe é o distribuidor do Flash Player, creado por Macromedia, e encargado do desenvolvemento do formato SWF.
Os seus produtos pódense adquirir por separado ou en paquetes que inclúen varias aplicacións que se integran entre se, como o Adobe Creative Suite, Adobe Production Studio e Adobe Studio 8.
[editar] Lista de Produtos
|
|
|