ADEGA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Adega.
ADEGA é o acrónimo de Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, un grupo ecoloxista galego nacido en 1974 pero legalizado en 1976. Traballa na defensa do medio ambiente galego e global.
Domingos Quiroga foi o primeiro presidente da asociación. Formaron parte das primeiras xuntas directivas personaxes destacados como: Francisco Bermejo, catedrático de Química Analítica; Xosé Bar Boo, arquitecto; Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado; Xosé Manuel Beiras Torrado, portavoz nacional do BNG durante moitos anos, e Fernando González Laxe, que foi presidente da Xunta de Galiza.
Destacouse nos anos 80 por unha campaña contra os verquidos de materiais radioactivos na foxa atlántica. Posteriormente a súa actividade medrou e diversificouse atendendo a numerosos problemas ambientais.