See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Abuso de poder - Wikipedia

Abuso de poder

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Escravo brasileiro, por Debret
Escravo brasileiro, por Debret

Abuso de poder é o acto ou efecto de impor a vontade dun sobre a doutro, tendo por base o exercicio do poder, sen considerar as leis vixentes. A democracia directa é un sistema que se opón a este tipo de actitude. O abuso de poder pode se dar en diversos niveis de poder, desde o doméstico entre os membros dunha mesma familia, ata aos niveis máis abranguentes. O poder exercido pode ser o económico, político ou calquera outra forma a partir da cal un individuo ou colectividade teñen influencia directa sobre outros. O abuso caracterízase polo uso ilegal ou coercitivo deste poder para atinxir un determinado fin. O expoñente máximo do abuso do poder é a submisión ás diversas formas de escravitude.

Índice

[editar] Poder

A noción de poder envolve aspectos máis amplos e complexos que o mero exercicio da autoridade sobre outro. O poder pode ser exercido desde as formas máis sutís ata aos niveis máis explícitos e comunmente identificábeis. Así sendo, caracterizar o abuso de poder deixa de ser unha tarefa de simple identificación da acción do forte sobre o débil, pasando a considerar que o poder, en determinadas situacións e circunstancias, muda de mans e toma matices implícitos, que dificultan a identificación do abuso do mesmo.

Unha persoa en situación desvantaxosa que saiba identificar en que aspectos ten poder, pode facer uso de artificios abusivos para saír da posición desvantaxosa. Iso pode ser facilmente identificado en países democráticos, nos cales os dereitos das minorías son normalmente salvagardados e nos que os individuos pertencentes a estas minorías poden aproveitarse do argumento do politicamente correcto para neutralizar os seus adversarios en cuestións xurídicas, por exemplo. Nestes casos, o dereito adquirido lexitimamente e ideoloxicamente correcto, aceptado socialmente, pasa a ser unha forma de poder nas mans de quen o detén. Poder este que pode ser exercido da forma xenuína ou da forma abusiva, dependendo do caso.

[editar] Algunhas formas de abuso de poder

  • Económico: Cando o individuo ou colectividade tira vantaxe ilícita do diñeiro ou bens materiais en detrimento doutro.
  • Político: O uso da autoridade lexítima ou da influencia para sobrepasar ao máis fraco de modo ilexítimo.
  • No dominio da información: Recurso utilizado por quen detén o coñecemento ou a información e os nega aos demais como forma de protexerse ou de tirar vantaxe.
  • Ideolóxico: Cando se utiliza ilicitamente da ideoloxía socialmente aceptada como forma de tirar vantaxes ou de vencer opositores.
  • Apadriñamento (nepotismo): Uso de notoriedade, coñecementos ou autoridade para favorecer outro de forma ilícita.

[editar] Abuso de autoridade

Dáse un abuso de autoridade cando, no uso das súas funcións, se atenta contra a liberdade de movemento, a inviolabilidade do domicilio, o secreto da correspondencia, a liberdade de conciencia e de crenza, a liberdade relixiosa, a liberdade de asociación, os dereitos e garantías legais asegurados co exercicio do voto, o dereito de reunión, a incolumidade física do individuo e, aos dereitos e garantías legais asegurados ao exercicio profesional. O abuso de autoridade levará o seu autor á sanción administrativa civil e penal, con base na lei. A sanción pode variar desde advertencia ata á exoneración das funcións, conforme a gravidade do acto practicado.

[editar] Abuso de poder económico

O abuso do poder económico é un dos xeradores de inxustiza social
O abuso do poder económico é un dos xeradores de inxustiza social

Constitúe abuso do poder económico toda forma de actividade co obxectivo da eliminación da competencia, dominio dos mercados ou aumento arbitrario dos lucros.

[editar] Acoso laboral

Véxase Acoso laboral para máis detalles.

O asedio moral no ambiente de traballo é a exposición dos traballadores a situacións humillantes e constritivas, repetitivas e prolongadas durante a xornada de traballo e no exercicio das súas funcións. Este tipo de asedio é máis común en relacións xerárquicas autoritarias e desiguais, nas que predominan condutas negativas, relacións pouco humanas e anti-éticas de longa duración, dun ou máis xefes dirixidas a un ou máis subordinados, desestabilizando a vítima en relación ao ambiente de traballo e á organización.

[editar] Coerción

A coerción é o acto de inducir, presionar ou compeler a alguén a facer algo pola forza, intimidación ou ameaza. Unha forma comunmente usada para motivación de persoas ou equipes é a coerción, xa que evitar a dor ou outras consecuencias negativas ten un efecto inmediato sobre as súas vítimas.

Cando tal coerción é permanente, considérase escravitude. Aínda que a coerción sexa considerada moralmente reprensíbel en moitas filosofías, é amplamente practicada en prisioneiros. Algúns críticos do capitalismo moderno acusan que sen redes de protección social, a "escravitude salarial" é inevitábel.

[editar] Acoso sexual

Placa nunha plataforma en Toquio, permitindo só mulleres, para evitar asedio sexual no tren.
Placa nunha plataforma en Toquio, permitindo só mulleres, para evitar asedio sexual no tren.

O acoso sexual é un tipo de coerción de carácter sexual practicada por unha persoa en posición xerárquica superior en relación a un subordinado, normalmente en lugar de traballo ou ambiente académico. O asedio sexual caracterízase por unha ameaza, insinuación de ameaza ou hostilidade contra o subordinado, en base a posturas sexistas.

Exemplos clásicos son as condicións impostas para unha promoción que inmplican favores sexuais, ou a ameaza de dimisión no caso de que o empregado rexeite o acoso.

O acoso sexual tamén pode ocorrer fóra do ambiente de traballo, en situacións en que a vítima pode ser constriñida publicamente con xestos ou palabras, ou aínda impedíndoselle reaccionar por se atopar imposibilitada de deixar o lugar, como no caso dos transportes colectivos. Outra forma de asedio sexual é o acto de seducir ou inducir a vítima a prácticas sexuais non consensuadas cando esta se atopa baixo o efecto dalgunha substancia que altere o seu autocontrol, como o alcohol por exemplo. No extremo, chégase ao abuso sexual ou á violación.

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -