Abu Simbel - أبو سنبل
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Abu Simbel | |||
Templo de Ramsés
|
|||
Información | |||
---|---|---|---|
Inscrición: | 1979 | ||
Localización: | 22° 20' N 31° 37' E | ||
Criterios: | (i) (ii) (vi) | ||
Descrición UNESCO: | fr en |
Abu Simbel, en árabe أبو سنبل (A Montaña Pura). localidade de Exipto, preto da fronteira con Sudán, coñecida polo seu complexo arqueolóxico da época de Ramsés II, composto de dous templos hipoxeos construídos entre o 1240 a.C e 1120 a.C. para intimidar aos seus veciños nubios e para conmemorar a vitoria na batalla de Kadesh.
O templo grande ( Hwt Ramesses Meryamun) daba culto aos deuses Amón, Re, Ptah e o propio Ramsés. A súa fachada está dominada por catro enormes estatuas do faraón sentado. Entre as pernas aparecen pequenas estatuas de membros da familia real: a raíña Nefretari, a muller de Seti I, Muttuya, o príncipe Amenhirkhopshef, a princesa Beketmut e a princesa Nebettawyby entre outros.
Na primeira entrada dentro do templo aparecen oito grandes estatuas do rei cos atributos de Osiris, catro en cada lado, servindo de piares para soportar o teito. Os muros están decorados con esceas do rei loitando contra dos hititas, nubios, sirios e libios. Na entrada norte, as paredes da sala hipóstila mostran esceas de Ramsés na presenza de Amón, ao que o faraón apelara na batalla de Kadesh.
O templo pequeno está dedicado a Hathor e a Nefertari, muller de Ramsés. Na fachada seis enormes figuras, catro de Ramsés e dúas de Nefertari, foron cortadas na rocha, xunto con pequenas figuras da familia real.
Entre 1964 e 1968 o complexo foi desmantelado e colocado nunha nova localicación (máis alta) para salvar os templos do encoro de Asuán, grazas á axuda da UNESCO.