Óboe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento musical de vento madeira de lingüeta dobre que apareceu por primera vez en Francia cara 1660. Dende a súa invención apenas sufriu cambios. Evolucionou da chirimía tiple e inmediatamente foi aclamado pola súa variedade tonal calidade expresiva. Os primeros oboes posuían un tono estridente e desafinaban con facilidade, pero a pureza de tono do oboe moderno fixo que normalmente se use como referencia para afinar o resto dos instrumentos da orquestra. A dificultade para soprar a través dunha boquilla de lingüeta dobre fai que as familias dos oboes e os fagotes resulten difíciles de interpretar nos seus rexistros graves.