See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Zeca Afonso - Wikipedia

Zeca Afonso

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Monumento en Grândola
Monumento en Grândola

José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos (Aveiro, 2 de agosto de 1929 - Setúbal, 23 de febreiro de 1987), máis coñecido por Zeca Afonso, foi un cantante e compositor de música protesta portugués. Escribiu, entre outras cousas, música de crítica á ditadura fascista que rexiu Portugal dende 1933 até 1974.

Un dos máis coñecidos músicos de Portugal e que anos despois da súa morte permanece todavía cun alto número de vendas tanto no seu país como no estranxeiro.

Compuxo a canción Grândola, Vila Morena que serviu de sinal para o inicio da Revolución dos Caraveis o 25 de abril de 1974.

Índice

[editar] Biografia

Foi criado pola tía Gé e polo tío Xico, nunha casa situada no Largo das Cinco Bicas, en Aveiro, até os 3 anos (1932), altura na que se foi a vivir cos seus pais e irmáns, que estaban en Angola dende había 2 anos.

A relación física coa natureza causoulle unha profunda atracción ó continente africano que se reflectirá durante a súa vida. Anos máis tarde descubriría o amargor da realidade social africana da colonización e o apartheid.

En 1937, volta para Aveiro onde é recibido por tías do lado materno, mais parte no mesmo ano para Mozambique, onde se reencontra cos pais e irmáns en Lourenço Marques (agora Maputo), onde permanecería até 1938 cando se trasladaría a Belmonte a casa do seu tío Filomeno quen era o alcalde da localidade.

Alí completou a instrución primaria e viviu o ambiente máis profundo do Salazarismo, do que o seu tío era fervoroso admirador. El era pro-franquista e pro-hitleriano.O mesmo Zeca diría anos máis tarde "foi o ano máis desgraciado da miña vida".

Zeca Afonso vai para Coimbra en 1940 e comeza a cantar por volta do quinto ano no Liceu D. João III. Os tradicionalistas recoñecíano como un bicho que canta ben. Iníciase en serenatas e canta en festarolas de aldeia. O fado de Coimbra, lírico e tradicional, era principalmente interpretado por el.

Os medios sociais miserables de Porto, no Barrio do Barredo, inspiráronlle para a súa balada «Menino do Bairro Negro». En 1958, José Afonso grava o seu primeiro disco "Baladas de Coimbra". Grava tamén, máis tarde, "Os Vampiros" que, xuntamente con "Trova do Vento que Passa" (un poema de Manuel Alegre, musicado e cantado por Adriano Correia de Oliveira) se torna nun dos símbolos de resistencia antifascista da época. Foi neste período (1958-1959) profesor de francés e de Historia na Escola Comercial e Industrial de Alcobaça.

En 1964, parte novamente para Mozambique, onde foi profesor de Liceo, desenvolvendo unha intensa actividade anticolonialista o que lle comeza a causar problemas coa polícia política pola que será, máis tarde, detido varias veces.

Cando regresa a Portugal, é colocado como profesor en Setúbal, mais, debido ó seu activismo contra o réxime, é expelido do ensino e, para sobrevivir, grava o seu primeiro álbum, "Baladas e Canções".

Entre 1967 e 1970, Zeca Afonso tórnase un simbolo da resistencia democrática. Mantén contactos coa LUAR e o Partido Comunista Portugués o que lle custará varias detencións da PIDE. Continúa a cantar e participa, en 1969, no 1º Encontro da "Chanson Portugaise de Combat", en París e grava tamén o LP "Cantares do Andarilho", recibindo o premio da Casa da Imprensa polo mellor disco do ano, e o premio da mellor interpretación. Zeca Afonso pasa a ser tratado nos Xornais polo anagrama Esoj Osnofa en virtude de ser albo de censura.

En 1971, edita "Cantigas do Maio", no cal xorde "Grândola, Vila Morena", que será máis tarde inmortalizada como un dos símbolos da revolución dos caraveis. Zeca participa en varios festivais, sendo tamén publicado un libro sobre el e lanza o LP "Eu vou ser como a toupeira". En 1973 canta no III Congreso da Oposición Democrática e grava o álbum "Venham mais cinco".

Após a Revolución dos caraveis continúa a cantar, grava o LP "Coro dos tribunais" e participa en numerosos "cantos ceibes". A súa intrevención política non para, tornouse un admirador do período do PREC e en 1976 apoia a Otelo Saraiva de Carvalho na súa candidatura á presidencia da república.

Os seus últimos espectáculos percorren os Coliseos de Lisboa e de Porto, en 1983, cando Zeca Afonso xa se atopaba doente. No final deste ano, élle atribuída a Ordem da Liberdade, mais o cantor recusa (máis tarde, en 1994, faise unha nova tentativa a título póstumo, pero a súa muller recusa, dicindo que, se o marido non a aceptara en vida, non sería despois de morto canda a rebiría).

En 1985 é editado o seu último álbum de orixinais, "Galinhas do Mato", no que, debido ó avanzado estado da doenza, José Afonso non consegue cantar a totalidade das cancións. En 1986, xa na fase terminal da súa enfermidade, apoia a candidaduta de Maria de Lurdes Pintassilgo á presidencia da república.

José Afonso morreu o 23 de febreiro de 1987, no Hospital de Setúbal, ás 3 horas da madrugada, vítima da esclerose lateral amiotrófica. Será certamente recordado como un resistente que conseguiu traer a palabra de protesta antifascista á música popular portuguesa e tamén polas súas outras músicas, da que son exemplo as súas baladas.

[editar] Discografía

  • Balada do Outono (1960, EP)
  • Baladas de Coimbra (1962, EP)
  • Ó vila de Olhão (1964, single)
  • Cantares de José Afonso (1964, EP)
  • Baladas e canções (1964)
  • Cantares de andarilho (1968)
  • Contos velhos rumos novos (1969)
  • Menina dos olhos tristes (1969, single)
  • Traz outro amigo também (1970)
  • Cantigas do Maio (1971)
  • Eu vou ser como a toupeira (1972)
  • Venham mais cinco (1973)
  • Coro dos tribunais (1974)
  • Viva o poder popular (1974, single)
  • Grândola, vila morena (1974, EP)
  • Com as minhas tamanquinhas (1976)
  • Enquanto há força (1978)
  • Fura fura (1979)
  • Ao vivo no Coliseu (1983, álbum duplo)
  • Como se fora seu filho (1983)
  • Galinhas do mato (1985)

  • Os Vampiros, Edisco (1987)
  • Zeca Afonso no Coliseu, Strauss (1993)
  • Baladas e Canções, EMI (2nd edition) (1997)
  • José Afonso, Moviplay (2001)

[editar] Obras

  • Cantares (1968)
  • Cantar de Novo (1969)
  • Quadras Populares (1980)
  • Textos e Canções (1986)

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -