See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vidro - Wikipedia

Vidro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Na súa forma pura, vidro é un material transparente, relativamente forte, resistente, esencialmente inerte e bioloxicamente inactivo, que pode ter superficies moi lisas e impermeables. Estas propriedades desexables conducen a un gran número de usos. O vidro é fráxil e quebra en anacos afiados. Estas propriedades poden modificarse, ou mesmo mudar enteiramente, coa adición doutros compostos ou con tratamento de calor.

Coloridos vasos de vidro
Coloridos vasos de vidro

O vidro é un material duro, fráxil e transparente. A pesar de comportarse como sólido, é un líquido enfriado, amorfo (sen estrutura cristalina). O vidro común obtense por fusión, arredor dos 1.250 ºC, de dióxido de silicio , (Si O2), carbonato de sodio (Na2 CO3) e carbonato de calcio (CaCO3). A súa manipulación só é posible mentres está fundido, quente e maleable.


Índice

[editar] Composición do vidro

Os produtos vítreos compóñense de:

  • Elemento vitrificable. Sílice nun 70-73%. A pastosidade da sílice prodúcese por encima dos 1700ºC.
  • Elemento fundente. Únase o óxido de sodio e o óxido de potasio nun 13-15%.
  • Elementos estabilizantes. Material que faga inalterábel ao vidro fronte á auga e este soe ser o óxido de cal en cantidade dun 8-13%.
  • E óxidos que lle confiren ao vidro unha boa resistencia aos axentes atmosféricos.
  • Para certos tipos de vidro a incorporación de óxidos metálicos permiten colorealos na súa masa.

[editar] Tipos de vidro segundo a súa composición

  • Vidro calcosódico ou vidro de cal. Chamado tamén vidro común ou ordinario. Obtense por fusión conxunta de cuarzo, sulfato de sosa e carbonato cálcico, engadidos mediante o calcín. Tonalidades do azul ao amarelo ou ao verdoso. É o material vítreo por antonomasia con numerosas aplicacións na construción e na industria.
  • Vidro calcopotásico (vidro de Bohemia). Formado por silicato de calcio e potasio. Incoloro aínda en grandes grosores e dotados dunha boa resistencia química ante os ácidos e bases.
  • Vidro de sílice. Composto de sílice pura e obtido pola fusión de area de cuarzo. Vidro de gran calidade con boas propiedades ópticas.
  • Vidro ao chumbo. Úsase como estabilizante o óxido de chumbo en lugar da calcaria. Extraordinario brillo, transparencia absoluta, fino e sonoro ao timbre á percusión.
  • Vidro ao borosilicato (vidro bórico). Utilízase como fundente o óxido bórico. Require maior temperatura de fusión e soe ser máis difícil de fabricar que os anteriores. Presenta unha gran resistencia ao choque térmico e pequena dilatación térmica.

[editar] Fabricación do vidro

  • MATERIAS PRIMAS. As máis usadas son:
  • A area limpa, que nos proporciona o anhídrido silíceo.
  • O bórax.
  • O feldespato e o caolín.
  • O carbonato sódico, que nos proporciona o óxido potásico.
  • A calcaria, a dolomita, que nos da o cal.
  • O litarxirio.
  • Tamén se usan cantidades importantes de vidro roto.

Unha vez analizadas ditas materias e sabendo o tipo de vidro que se quere fabricar, determinaremos as dosificacións da fornada.

  • PREPARACIÓN E FUSIÓN

Unha vez obtida a mestura das materias primas, transpórtase esta ao forno, onde ten lugar a fusión. En primeiro lugar, cara os 800ºC, comeza a fusión dos compostos alcalinos tales como o cal e outras bases que ao xuntarse coa sílice reaccionan dando silicatos dobres. Por outra parte, os carbonatos, sulfatos e nitratos desprenden gases na súa descomposición que fan ferver violentamente a masa. A 1200ºC, a masa vólvese transparente. Na segunda parte a fusión é máis lenta e dificultosa, e en ela trátase de eliminar tódalas burbullas pequenas que puideran quedar. Para elo diminúese a viscosidade da masa (1400-1500ºC) o cal se consegue engadindo fundentes ás materias primas, ou ben incorporando ao forno produtos que xeren moitos gases durante os últimos momentos da fusión: desgasificación, liberación dos gases. Por último, a temperatura redúcese en 200-300ºC co fin de conseguir a viscosidade adecuada para o moldeo.

[editar] Moldeo dos vidros

  • Manual: soprado.
  • Mecanizado: flotado, coado, laminado, prensado.

[editar] Propiedades dos vidros

[editar] Propiedades mecánicas

  • Densidade. A densidade do vidro é de 2,5 kg/dm3.
  • Dureza. A dureza superficial do vidro, avaliada segundo o método de Mohs é de 6,5.
  • Resistencia á flexión. A tensión de rotura dun vidro é da orde de:
    • vidro recocido: 400 kp/cm2.
    • vidro temperado: 1200-2000 kp/cm2.
  • Resistencia á compresión do vidro e moi elevada, aproximadamente de 10.000 kp/cm2.

[editar] Comportamento co lume

  • O vidro está clasificado como non incombustible. En xeral pode facerse as observacións seguintes:
  • O vidro rompe rapidamente a causa do choque térmico.
  • O vidro temperado resiste mellor, pero ten pouca firmeza cando se está fragmentando.
  • Os vidro armados, polos fíos metálicos que constitúen a súa malla, conservan unha cohesión, suficiente para asegurar a estanquidade ás chamas.

[editar] Propiedades térmicas

  • Contrastes térmicos

O quecemento ou arrefriamento “parcial” do vidro orixina na súa masa unhas tensións que provocan a súa rotura. Para produtos recocidos non deben de localizarse diferenzas de temperatura superiores a 25ºC. O tempero permite ao vidro soportar diferenzas de temperaturas de ao redor 200ºC.

  • Resistencia ao choque térmico

Para os produtos recocidos soe ser de 60ºC e para os produtos temperados da orde de 240ºC.

[editar] Propiedades acústicas

A transmisión dos sons aéreos das paredes efectúanse simultaneamente de diferentes maneiras:

  • Por filtración e difracción
  • Por vibración da parede.

A través dunha parede non porosa como o vidro, a transmisión dun son aéreo depende, pois, esencialmente de:

  • A súa masa e a súa rixidez.
  • O seu modo de fixación.

Canto maior sexa o grosor, peso e independencia do vidro coa carpintaría, menos entrará en vibración e máis illará.

[editar] Características luminosas

Da enerxía transportada por unha onda luminosa ao incidir sobre un vidro en calquera dirección, unha parte é reflectida, outra é absorbida na súa masa, e o resto, emerxe na mesma dirección. O coñecemento do factor de transmisión luminosa dun vidro, permítenos fixar un valor aproximado do nivel de luminosidade dispoñíbel no interior dun local cando se coñece o nivel de iluminación exterior. Esta relación denominase factor de luminosidade de día, ou máis sinxelamente, factor de día.

[editar] Factores enerxéticos

  • Factor solar

O factor solar é a relación entre a enerxía total que entra nun local a través dun encristalamento, e a enerxía solar que incide sobre dito encristalamento. Esta enerxía total é a suma da enerxía solar que entra por transmisión directa e a cedida polo envidramento ao interior do local como consecuencia da súa absorción enerxética.

A enerxía solar que entra nun local a través dun encristalamento é absorbida polos obxectos e paredes interiores, que ao quecerse, emiten radiacións caloríficas de longa lonxitude de onda (superior a 5 nm). Os vidros ao ser practicamente impermeables ás radiacións de lonxitude de onde superior a 5 nm, fai que a enerxía solar que pasa a través dun encristalamento, encóntrase retida no interior do local, facendolle a este a elevala temperatura.

[editar] Propiedades químicas

Gran resistencia agás aos fosfatos e aos alcalinos. Para evitar ataques químicos descalcifícase a superficie. Isto conséguese cun puído ao fogo ou un tratamento químico. Os vidros cun pH < 7 son inalterábeis.

[editar] Ligazóns externas

Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
(De ser posíbel, será mellor substituír este marcador por outro máis específico)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -