Tratado de Versalles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe ser combinado con Tratado de Versalles (1919)
O Tratado de Versalles, asinado no pazo de París de Luis XIV, puxo fin oficial á Primeira Guerra Mundial. Foi a consecuencia da Conferencia de Paz de París de 1919, e foi firmado de antemán por Alemaña (xa na súa fase República de Weimar de antemán o 28 de xuño de 1919. Tras seis meses de deliberación, o tratado foi ratificado o 10 de xaneiro de 1920 na Sala dos Espellos, o mesmo lugar onde fora proclamado o Imperio Alemán o 18 de xaneiro de 1871, non por mera coincidencia senon como símbolo.
[editar] Condicións do tratado
O tratado di que Alemaña asume a culpa da guerra, e polo tanto ponlle moitísimas sancións (que serían as causas para o nacionalismo alemán que desembocou no Terceiro Reich e na Segunda Guerra Mundial), tanto económicas, como militares e territoriais.
[editar] Creación da Liga das Nacións
Créase a Liga das Nacións por iniciativa do presidente americano Woodrow Wilson.
[editar] Sancións a Alemaña
- Alemaña ten que pagar reparación de guerra (6.600 millóns de libras esterlinas).
- Alemaña perde as súas colonias.
- Alsacia e Lorena volven a Francia tras seren conquistadas por Prusia en 1871, na Guerra franco-prusiana.
- O norte do Schleswig pasa a Dinamarca tras un plebiscito.
- Parte de Pomerania e de Posen pasa a Polonia.
- Parte do sur da Alta Silesia e Poznania pasa a Checoslovaquia.
- Parte do leste da Alta Silesia, tras plebiscito, para a Polonia.
- As cidades alemás de Eupen e Malmedy pasan a Bélxica.
- A área de Soldau en Prusia Oriental pasa a Polonia.
- A parte norte de Prusia Oriental (Memelland) pasa a administración francesa e logo a Lituania.
- Tras plebiscitos en partes de Prusia Oriental e Prusia Occidental (Warmia e Masuria), algunha vilas pasan a Polonia.
- Sarre pasa a ser controlado pola Liga das Nacións durante 15 anos, e logo haberá plebiscito entre Francia e Alemaña.
- A cidade de Danzig (Gdansk) constitúese como Cidade Libre baixo a Liga das Nacións e parcial autoridade de Polonia.
- Desmilitarización de Renania.
- Prohibición de que Alemaña teña forzas aéreas, armas químicas, armamento pesado, levas e tanques.
- Limitación da armada (Kriegsmarine) a un tonelaxe total de 100.000 Ton. Prohibición de submarinos.
- Exército de Alemaña limitado a 100.000 soldados.
- Prohibición de unirse con Austria.