Torre Eiffel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Torre Eiffel (La Tour Eiffel en francés) é un monumento situado en París, a capital de Francia. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución Francesa. A torre foi inaugurada o 31 de marzo de 1889, e foi aberta ao público o 6 de maio.
O material empregado foi ferro forxado erixido con 18.038 pezas entrecruzadas fixadas por 2.500.000 remaches, cun peso de 7.300 toneladas. Ten unha altura de 324 metros incluidas as antenas, que diferentes canles de televisión francesas instalaron no cumio da torre.
Nela traballaron 50 enxeñeiros e 132 obreiros. Conta con 1.665 escalóns, para os visitantes deportivos, e ascensores transparentes que soben até a segunda planta, onde se atopan gran cantidade de boutiques de lembranzas. A Torre Eiffel, que mide hoxe 324 metros, incluída a antena de televisión no seu cume, acolle a máis da 6.368.534 visitantes (1999).
- 1889: altura coa bandeira, 312,27 m
- 1991: altura coa antena, 317,96 m
- 1994: altura coa antena, 318,70 m
- 2000: altura coa antena, 324 m
A Torre conta logo con 1665 escalóns até o seu cume (1710 á orixe). A altura da torre se dilata, por tempo quente e retráctase por baixas temperaturas de 6 a 7 cm. A oscilación, na cume, con grandes ventos, non excede nunca os 12 cm. Cando o bo tempo atmosférico permíteo, a visibilidade pode alcanzar até os 67 km na cume.
En 1912, o home paxaro coñecido nomado Reichelt, lanzouse desde o terceiro piso equipado de ás artificiais para probar o seu invento voador, un Icaro. O impacto do seu corpo deixaría no chan unha pegada de máis 35 centímetros de profundidade. O monumento conta até hoxe coa o seu pasivo de 370 suicidios.
Para manter a estrutura, cada 7 anos é pintada con 50 toneladas de pintura. Ás veces, cámbiase a cor da pintura. Na actualidade ten unha tonalidade bronce. No primeiro piso, hai consolas que permiten votar na elección da futura cor da estrutura.
[editar] Dimensions de torre
[editar] Ligazóns externas
- Videos da Torre Eiffel(en inglés)
- A Torre Eiffel (en francés)