The Aviator
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Aviator é un filme que dramatiza a biografía de Howard Hughes, pioneiro da aviación. Narra a súa vida desde a década de 1920 ata a década de 1940, época en que Hughes dirixía e producía as súas propias películas en Hollywood e tamén pilotaba os seus propios prototipos aéreos.
Índice |
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
Hughes é fillo dun inventor texano, que lle herdou a Hughes Tool Company, produtora da broca cónica dual para a escavación de pozos petrolíferos. Regresando da universidade, residiu nos Ánxeles para ser produtor de cine, lanzando actores á fama, como Jean Harlow, protagonizando o filme Os anxos do inferno. Moito tempo despois, dedicouse á industria electrónica e principalmente á aérea, a súa compañía aérea creou o lendario avión H-4 Hércules e ademais a TWA.
Con todo, a narración do filme enfoca á deterioración mental e o consecuente comportamento obsesivo-compulsivo (TOC) de Howard Hughes.
O filme detalla os romances de Hughes coas ex-actrices de Hollywood, Ava Gardner e Katharine Hepburn. Os seus conflitos co director xeral de Pan Am, Juan Trippe, quen subornou ó senador Owen Brewster para outorgarlle a Pan Am o monopolio coercitivo dos voos internacionais.
[editar] Curiosidades
- Nunha porción ó comezo do filme, as escenas aparacen coloreadas de azul. Scorsese mandou substituír a cor verde polo azul para simular unha vella técnica de dous tons en filmes Technicolor.
- Considérase a este filme como unha das caracterizaciones máis próximas á personalidade de Hughes interpretada maxistralmente por Leonardo Di Caprio.
[editar] Premios
[editar] Oscar 2004
Categoría | Acode | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Candidata | |
Mellor director | Martin Scorsese | Candidato |
Mellor actriz de reparto | Cate Blanchett | Gañadora |
Mellor actor | Leonardo DiCaprio | Candidato |
Mellor actor de reparto | Alan Alda | Candidato |
Mellor guión orixinal | John Logan | Candidato |
Mellor fotografía | Robert Richardson | Gañador |
Mellor montaxe | Thelma Schoonmaker | Gañadora |
Mellor son | Tom Fleischman, Petur Hliddal | Candidatos |
Mellor deseño de vestiario | Sandy Powell | Gañador |
Mellor dirección artística | Dante Ferretti | Gañador |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Sitio oficial de The Aviayor (en inglés)
- Pagína High Life de Robert Richardson. (en inglés)