Teofilacto, Exarca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teofilacto foi un exarca de Ravenna (702-709).
Teofilacto foi nomeado exarca en 702, sucedendo a Xoán II Platino. Pouco despois da súa ascensión, chegou a Roma, onde Xoán VI fora nomeado Papa. Non se coñecen as súas razóns para ir á cidade, pero a súa presenza incomodou aos romanos. Os soldados locais ameazaron a Teofilacto, pero Xoán conseguiu dominalos; con todo, varios favoritos do exarca foron atacados.
En 709 o emperador bizantino Xustiniano II mandou unha expedición baixo o mando do patricio Teodoro contra a cidade de Ravenna, posibelmente en vinganza pola participación da poboación da cidade na rebelión de 695. Teodoro, ao chegar a Ravenna, invitou a todos os cidadáns importantes da cidade a que asistisen a un banquete. Cando chegaron, capturáronos e leváronos á forza aos barcos. Ravenna foi saqueada, mentres levaban a Constantinopla aos oficiais capturados. Alí, Xustiniano condenounos a morte; só foi perdoado o arcebispo Félix, aínda que foi cegado. Teofilacto non foi aparentemente vítima da catástrofe, pero tivo pouco control sobre a situación, e o exarcado resultou severamente debilitado.
Teofilacto foi sucedido por Xoán III Rizocopo en 709.
Exarcado de Ravenna | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán II Platino |
Teofilacto, Exarca | Precede a: Xoán III Rizocopo |