Tel Aviv
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mapa | |
---|---|
Información | |
País | Israel |
Superficie | 50.6 km2 |
Poboación | 379.000, 2.9 millóns (Met) (2006) |
Alcalde | Ron Huldai |
www.tel-aviv.gov.il Páxina Oficial |
Tel Aviv-Yafo (hebreo: תֵּל־אָבִיב-יָפוֹ; árabe: تَلْ أَبِيبْ يَافَا) é a segunda cidade máis poboada de Israel, e está localizada na costa do Mar Mediterráneo. Tamén forma a maior área metropolitana do estado de Israel, o chamado Gush Dan.
A densidade de poboacion é de 7.445 persoas por km². Dacordo coa Oficina Israelí de Estatísticas (CBS), en xuño do 2006, a poboación da cidade situabase nos 380.600 habitantes, cun crecemento anual do 0,9%. O 96,1% dos cidadáns son xudeus, mentres que o 3 % son árabes musulmáns e o 0,9 % son árabes cristiáns. Algunhas estimacións din que na cidade residen uns 50.000 traballadores ilegais.
Índice |
[editar] Orixe do Nome
O nome de Tel Aviv en Hebreo significa "Colina (tell|tel) da Primavera (aviv)". Este é o nome dado por Nahum Sokolow para a tradución hebrea do libro de Theodor Herzl Altneuland Alemán ¨A vella nova terra¨.
[editar] Cultura
En Tel Aviv destacan varias institucións culturais como o Instituto Afro-asiático para Estudos de Traballo e Cooperación , a Orquestra Filarmónica de Israel, o Habimah, que é o Teatro Nacional de Israel, e o Museo de Tel Aviv. Destaca tamén a casa preservada en memoria de Haim Nachman Bialik, un recoñecido poeta nacional. Foi considerada Patrimonio Mundial no 2003.
[editar] Clima
Tel Aviv ten un clima mediterráneo con veráns quentes e húmidos, e invernos chuviosos. A temperatura media do verán é de 26 °C e no inverno é de 12 °C. A humidade tende a ser alta durante todo o ano, especialmente entre os meses de Outubro e Abril, a estación húmida. A media de precipitacións é de 530 milimetros. No inverno a temperatura pode caer unha ou dúas veces a 6 °C polas mañás. A temperatura tamén pode chegar aos 35 °C durante as vagas de calor.
[editar] Alcaldes da cidade
- Meir Dizengoff (1921–1925)
- David Bloch (1925–1927)
- Meir Dizengoff (1928–1936)
- Israel Rokach (1936–1952)
- Chaim Levanon (1953–1959)
- Mordechai Namir (1959–1969)
- Yehoshua Rabinowitz (1969–1974)
- Shlomo Lahat ("Chich") (1974–1993)
- Ronnie Milo (1993–1998)
- Ron Huldai (1998–)
[editar] Cidades Irmás
Toulouse (1962) |
Cannes (1993) |
Barcelona (1998) |