Tautosilabismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O tautosilabismo, homosilabismo ou isosilabismo (denominación que tamén se usa na análise poética) é o fenómeno que acontece cando varios fonemas ou sons se pronuncian na mesma sílaba. Para que haxa tautosilabismo, as dúas ou máis unidades fónicas non deben estar separadas por marxe silábica. O tautosilabismo pode darse como combinación entre varias unidades:
- entre dúas consoantes: v. grupo consonántico;
- entre consoante e vogal: é a sílaba normal en galego, e a vogal resulta ser o núcleo da sílaba
- entre dúas vogais: unha delas será núcleo silábico e a outra será semivogal (v. ditongo);