See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Taufa'ahau Tupou IV - Wikipedia

Taufa'ahau Tupou IV

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tāufa'āhau Tupou IV (4 de xullo de 191810 de setembro de 2006), fillo da raíña Sālote Tupou III e do seu consorte o príncipe Tungī, foi o rei de Tonga dende a morte da súa nai en 1965 ata o seu propio pasamento en 2006. Bautizado como Siaosi Tāufa'āhau Tupoulahi, axiña foi coñecido polo título que se lles outorga aos príncipes herdeiros: Tupouto'a, e logo substituído polo título herdado do pai: Tungī (ou os dous xuntos: Tupouto'a-Tungī, naquel tempo escrito Tubouto'a-Tugi). A súa consorte foi a raíña Halaevalu Mata'aho 'Ahome'e, nada en 1926. A parella tivo catro fillos:

  • O príncipe Siaosi Tāufa'āhau Manumataongo Tuku'aho Tupou, que subiu ao poder como Taufa'ahau Tupou V.
  • A princesa Sālote Mafile'o Pilolevu Tuita (de solteira Tuku'aho)
  • O ex-príncipe Fatafehi 'Alaivahamama'o Tuku'aho (despoxado do seu título cando casou cunha plebea), que recibiu o título herditario de Mā'atu, e que morreu en 2004.
  • O príncipe 'Aho'eitu 'Unuaki'otonga Tuku'aho, máis coñecido polo seu título herditario de Lavaka Ata 'Ulukalala.

Entusiasta deportista (practicante de salto con pértega, tenis, críquet ou saltos de trampolín), bo músico (piano, saxofón, guitarra ou balalaica) e moi relixioso cando novo, estudou Dereito en Sydney, Australia. Converteuse en ministro de Educación no goberno da súa nai a raíña Sālote en 1943, en 1949 ministro de Sanidade, e finalmente en 1949 primeiro ministro. Continuou sendo pastor da Free Wesleyan Church, a principal igrexa metodista de Tonga, ata a súa morte.

Cando a súa nai, a raíña Sālote III faleceu por mor fun cancro en 1965, ascendeu ao tron, se ben a cerimonia de coroación non tivo lugar ata 1967. O acto, que durou cinco días, mesturaba os principios metodistas cos costumes do arquipélago e supuxo o sacrificio de 71.000 leitóns.

Exerceu unha forte autoridade política e mantivo o sistema aristocrático da política tonguesa, onde o rei e mais os nobres controlan o 70% do Parlamento de Tonga, mais tamén os principais recursos económicos dun país que vive da pesca, o agro e as divisas dos emigrantes tongueses. O principal problema que tivo durante o seu mandato foi o escándalo por uns investimentos ilícitos realizados polo seu bufón, o banqueiro estadounidense Jesse Bogdonoff. Tamén supuxo un certo escándalo internacional a venda de pasaportes tongueses a quen os puidese pagar, coma o ditador filipino Ferdinand Marcos e mais a súa muller Imelda.

Nos últimos anos, o rei iniciou unha viraxe cara un proceso de maior transparencia e democratización, forzado polas circunstancias. En 2005 unha folga do funcionariado mantivo en xaque o goberno durante varias semanas, nun conflito onde o neto do rei, Tu'i Pelehake ('Uluvalu), fixo de medidador. Unha comisión constitucional comezou nese mesmo ano a estudar unha reforma da carta magna.

Tupou IV foi coñecido en todo o mundo polo seu elevado peso. Chegou a sobrepasar os 200 kg, pero nos anos noventa encabezou unha campaña institucional que buscaba reducir o problema da obesidade nas illas, e conseguiu baixar considerabelmente.

O 15 de agosto de 2006, o primeiro ministro tongués Feleti Sevele interrompeu as emisións de radio e televisión para anunciar que o rei estaba gravemente enfermo e pediu pregarias polo monarca. Fora internado no hospital Mercy, na cidade novacelandesa de Auckland en abril. O rei faleceu algo despois da medianoite do 10 de setembro. Os edificios públicos enfeitáronse de negro e púrpura en sinal de dó. Foi soterrado o mércores 12 de setembro.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -