Críquet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O críquet é un xogo de equipo que se xoga entre dous grupos de once xogadores cada un. Orixinouse, na súa forma moderna, en Inglaterra, e é popular principalmente nos países pertencentes á Commonwealth. Nalgúns países do sur de Asia, como a India, Paquistán, Bangladesh e Sri Lanka, o críquet é o deporte máis popular. Polo número de espectadores o críquet é o segundo deporte máis visto logo do fútbol
[editar] Dinámica do xogo
Un partido divídese en entradas (innings). Nunha entrada, un equipo bate, mentres o outro lanza a bóla (bowling) e garda o campo (field).
O equipo batedor é o que anota as carreiras. Os batedores xogan por parellas, un nun extremo da cancha, dende onde se bate (striker end), e o outro dende onde se lanza a bóla. O batedor que se atopa nese momento no striker end debe bater a bóla o máis lonxe posible para que lles dea tempo, a ámbolos dous batedores, correr ao outro extremo antes de que se devolva a bóla.
[editar] Historia
Inspirouse no stool ball, un xogo rural inglés e foi adoptado pola nobreza no século XVII.