Tafahi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tafahi é unha illa do grupo Niuas, no reino de Tonga. Está situada a 7 km ao norte de Niuataputapu.
A illa é un estratovolcán de forma cónica que se eleva ata os 610 metros. O volcán non está activo e non se teñen rexistros históricos de erupcións, pero a sua morfoloxía é nova. Está cuberta de vexetación, especialmente de cocos.
Tafahi foi descuberta polos holandeses Le Maire e Schouten en 1616, e a chamaron Cocos Eylandt. En 1767 chegou o inglés Samuel Wallis que a denominou Boscawen's Island en honra ao almirante Edward Boscawen con quen navegara como primeiro lugartenente.