Té
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Etimoloxía
Procede do chinés, que ten varias pronuncias segundo o dialecto chinés usado. As dúas pronuncias exportadas foron "cha" e "te". Algunhas linguas tomaron a forma "te", como o español ou o inglés, e outras tomaron a forma "cha", como o portugués ou o xaponés.
[editar] Designacións
O té é un arbusto, e a partir das súas follas secas moídas ou gromos do arbusto Camellia sinensis ou Camellia viridis prepárase unha infusión en auga fervida, usada como bebida, que presenta efectos estimulantes, estomacais e alimentarios. O té pode tamén conter outras herbas especias ou froitas como saborizantes.
Como arbusto ten moitas ramificacións, de entre 1 e 2 metros de altura; pode chegar aos 12 metros, aínda que moi raramente. As follas son sempre verdes, lanceoladas cara adiante e incluso do revés ou oblongoovadas, duns 4 cm. de ancho e entre 3 e 13 cm. de longo, sobre as que destaca unha forte nerviación. As flores están en grupos de 2 ou 3 ou mesmo illadas, de cor branca, inclinadas cara abaixo, e son aromáticas. As flores de Camellia japonica son erguidas.
O arbusto creceu silvestre ao longo da historia, no Extremo Oriente, aínda que na actualidade se cultiva en moitos outros sitios. Se se cultiva en terreos pouco fértiles, adáptase, mais precisa un fertilizante. Adáptase ben en sitios secos, mais necesita rego, sol e preferibelmente en terrazas. Normalmente quítase o gromo central e pódase para que non supere os 2 metros de altura, facilitando así o labor da colleita. A partir do terceiro ano, as follas poden colleitarse con bo rendemento.
[editar] Cultivo e clasificación
O té provén principalmente da China continental, India, Sri Lanka, Taiwán, Xapón, Nepal, Australia e Quenia. Os catro tipos principais de té distínguense segundo o seu procesamento. Camellia sinensis é un arbusto que presenta follas que, se non se secan tras a colleita, comezan a se oxidar. Para previr este proceso de oxidación, quéntanse as follas co obxectivo de tirar a súa humidade.
Clases principais de té:
- Té branco: Follas novas (gromos novos do arbusto) que non se oxidaron; os gromos puideron protexerse do sol para evitar a formación de clorofila.
- Té verde: Sen oxidación.
- Oolong: Presenta un grao de oxidación media.
- Té negro: Oxidación substancial. Hai dous tipos de té negro, o Pu-erh(1) e o Chong Cha (2), ambos con usos medicinais na China. O Chong Cha tradúcese literalmente como "té verme", e prepárase coas sementes en vez das follas.
Outros tipos de té:
- Kukicha ou té de inverno: Follas vellas torradas no lume. É un alimento macrobiótico popular no Xapón.
- Pu-ehr (tamén chamado té vermello): Un tipo de té da provincia de Yunnan (China)
- Té amarelo: Té de alta calidade servido na corte imperial, ou ben un té especial procesado de maneira similar ao té verde mais cun tempo de secado máis lento.
- Chong cha (literalmente té verme): Na medicina chinesa úsase para tratar a influenza .
- Té de arroz: Té negro producido na provincia Arroz na costa oriental do mar Negro (en Turquía).
[editar] Curiosidades
- A primeira persoa en patentar unha bolsiña de té foi Thomas Lipton.
- O té xeado foi inventado na Feira Mundial de 1904 en Saint Lous por Richard Blechyden. Blechynden non conseguiu vender o té esperado debido á calor, razón pola que mesturou xeo con té.
- A bebida favorita do capitán Jean-Luc Picard de Star Trek é a mestura de té Earl Grey.
- Twining, unha das empresas máis coñecidas de té, patrocina o "Premio Twinings de Historias de Té", onde se premian relatos curtos en que se inclúe o té.
- As sublevacións como o motín do té no porto de Boston provocaron o inicio da guerra de independencia dos Estados Unidos de América.