Sylvester Stallone
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sylvester Stallone (6 de xullo de 1946 en New York), é un actor e diretor de cinema de orixe italiana. Foi bautizado coma Michael Sylvester Enzino Stallone aínda que é coñecido familiarmente coma "Sly"; é descendente de emigrantes italianos que vivían en HellKitchen "A Cociña do Inferno" (un dos moitos barrios perigosos de New York). Debido a un accidente no seu parto, xa que naceu por "Forceps", provocáronlle a parálise dun nervo facial.
Estudou en Philadelphia onde se interesou polo mundo da interpretación, a pesar de que tivo problemas na escola e foi expulsado de varios centros. Tamén en Philadelphia destacou coma atleta de fútbol.
Máis tarde estudou nun colexio americano en Genève (Suiza), pero en pouco tempo volveu a Estados Unidos a estudar arte dramática, na universidade de arte dramática de Miami en 1967 onde cursou dous anos, no cales empezou a escribir guións.
A principios dos 70, para se pagar as clases de arte dramática, traballou como actor nunha película pornográfica chamada The Party at Kitty and Stud's aínda que tivo un cameo en Bananas de Woody Allen facendo de delincuente nas esceas do metro.
Índice |
[editar] Rocky: O salto ao estrelato
Stallone escribiu o guión e protagonizou da saga do boxeador de orixe italiana Rocky Balboa. Con Rocky (1976), primeira película da saga, Stallone foi lanzado á fama que todo home desexa. Con este filme, co cal gañou o oscar á Mellor Película, Stallone conseguiría ser nominado ao oscar nas categorías de Mellor Actor e Mellor Guión. Desta película seguirían máis secuelas, recentemente estreouse a sexta, Rocky Balboa (2006), e derradeira película da saga que foi moi ben acollida polo público. Ao longo da súa carreira cinematografica seguiu explotando o arquetipo de tipo duro protagonizando numerosas peliculas de acción con algunhas incursións na comedia. Denostado pola crítica en moitas ocasións, é un claro expoñente do cinema de entretemento das últimas tres décadas e entre as súas películas, deixando a un lado valoracións intelectuais sobre a validez do seu contido, atópanse pequenas xoias do entretemento tipicamente hollywoodense. A destacar dúas comedias de corte policíaco: Tango e Cash e Demolition Man.
[editar] Rambo: Segue o éxito
Stallone logo protagonizaría outro dos seus máis importantes filmes: Acurralado (1982), na que o soldado John J. Rambo lanzou a Stallone máis arriba que cualquera outro actor da época. Deste filme salirían outras dúas secuelas, non tan espectaculares na historia coma a primeira, pero tamén con moi boa acollida polo público. O actor actualmente prepara a cuarta e derradeira parte desta saga.
Sylvester Stallone é das máis grandes estrelas de Hollywood xamáis coñecidas grazas a Rocky Balboa e John Rambo entre outras personaxes.
[editar] Filmografía
- John Rambo (2008)
- Rocky Balboa (2006)
- D-Tox (Ojo asesino) (2002)
- Driven (2001)
- Eye See You (2001)
- CyberWorld (2000)
- Get Carter (2000)
- Hormigaz (Antz) (1998) - voz
- Burn Hollywood Burn (1997)
- Cop Land (1997)
- Pánico en el túnel (1996)
- Asasinos (1995)
- Xuíz Dredd (1995)
- Your Studio and You (1995)
- O especialista (1994)
- Demolition Man (1993)
- Máximo risco (1993)
- Alto! ou miña nai dispara (1992)
- Oscar (1991)
- Rocky V (1990)
- Encerrado (1989)
- Tango e Cash (1989)
- Rambo III (1988)
- Eu, o falcón (1987)
- Cobra (1986)
- Rambo (1985)
- Rocky IV (1985)
- Rhinestone (1984)
- A febre continúa (1983)
- Acurralado (1982)
- Rocky III (1982)
- Evasión ou vitoria (1981)
- Nighthawks (1981)
- Rocky II (1979)
- F.I.S.T (1978)
- Paradise Alley (1978)
- Os tolos de Cannonball (1976)
- Rocky (1976)
- Capone (1975)
- A carreira da morte do ano 2000 (1975)
- Meu querido Farewell (1975)
- O prisioneiro da Segunda Avenida (1974)
- The Lords of Flatbush (1974)
- Bananas (1971)
- Klute (1971)
- Lovers and Other Strangers (1970)
- No Place to Hide (1970)
- The Party at Kitty and Stud's (1970)
[editar] Ligazóns Externas
- Páxina Web oficial de Sylvester Stallone (en inglés)
- Everything Sylvester Stallone (en inglés)
- Total Rocky (en inglés)
- StalloneZone.com Fan Site (en inglés)
- Sylvester Stallone na base de datos da Internet Movie Database (en inglés)