See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Suicidio - Wikipedia

Suicidio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O suicidio (do latín sui caedere, matar a un mesmo) é o acto de quitarse a propia vida. Moitas relixións considéranno un pecado, e nalgunhas xurisdiccións aínda se considera un delito. Por outra parte, algunhas culturas venno como unha forma honorable de escapar dalgunhas situacións humillantes, sen escapatoria ou dorosas en extremo.

Índice

[editar] Introdución

Para considerarse suicidio, a morte debe ser un elemento central e o motivo do acto, e non só unha consecuencia case ineludible. Así, os homes-bomba e os mártires non son considerados suicidas, dado que uns morren como consecuencia da explosión que eles mesmos provocan, e os outros sacrifícanse en nome dunha crenza. Tampouco son suicidas os que se sacrifican por outros en caso de emerxencias nin os soldados que loitan nunha guerra, e nestos casos, os mortos non son proscritos pola relixión nin pola lei. No caso de que o suicidio teña consecuencias legais, a lei recolle que debe haber proba de intención de morrer, así como a propia morte, para que o acto sexa considerado un suicidio. Pode que dito proceso sexa custoso en caso de minusvalía e teña que depender dos demais, entrando nunha dinámica de cómplice de suicidio posiblemente penado con cárcere.

[editar] O suicidio e a lei

En moitos países se un suicidio pode ser evitado por outra persona, é algo que pode e debe facerse, porque en caso contrario podería ser considerado como un caso de non asistencia a persona en perigo, tipificado como delito en diversas lexislacións, xa que, por exemplo, un intento de suicidio podería ser debido a un estado de loucura transitorio, a un estado depresivo moi grave ou a outras situacións análogas.

[editar] Valoracións morais do suicidio

A teoloxía di que mentras para algúns o suicidio consiste en “darse a morte directamente a si mesmo”, para outros, simplemente é “darse a morte a si mesmo”, e aclara que se ben ámbalas dúas opinións son semellantes, teñen matices distintos. Mentras que para os primeiros o suicidio directo é sempre intrinsecamente malo, para os segundos, o suicidio directo é sempre pecaminoso, pero o suicidio indirecto non o é. Precisamente, debemos entender que o suicidio directo é aquel no que o ser humano busca mediante un acto que pro si mesmo pode causar a morte, mentras que no indirecto, a persona dase morte sen procurala libremente.

Unha clasificación posible das tantas que se poden facer é a que divide os suicidios en:

  • Os vicariantes: adiantan ou aceleran o acto da morte que semella cercana, coa xustificación de que non hai esperanzas e só cren ver ó seu redor sofrementos e nada pode compensar o periodo de espera.
  • Os perfeccionistas: non toleran calquera diminución dos atributos á súa persona, o mesmo na beleza que na potencia sexual, ou un defecto calquera, menoscabo económico ou social, ou a perda do poder e prestixio.
  • Os hedonistas: non soportan nada que constitúa un impedimento ou unha diminución do pracer de predominio sensual.
  • Os transicionais: ante certas crises vitais de transición inevitables, optan polo suicidio.
  • Os sintomáticos: dependen dunha enfermidade mental, psicose, confusión mental, demencia ou depresión.

[editar] O suicidio: Evolución histórica

A actitude dos homes ante a morte non foi sempre a mesma a través do tempo. Cando un home contemporáneo fala da súa morte, acostuma dicir que se lle fora dado escollería unha morte súbita, sen dor, como un leve soño. O home do medioevo sentiríase aterrado ante iso, porque como o expresa o pai de Hamlet na famosa obra de Shakespeare, morrería "na flor do pecado". Por iso o home da idade media prefería un tempo de arrepentimento e de balance das súas débedas con Deus e cos homes, inclusive nas oracións medievais rezábase "líbranos Señor da morte repentina".

"As antigas civilizacións sacralizaron a morte, domesticáronna, querendo restarlle dramatismo e integrala nun sistema de ritos e crenzas que tiñan por obxecto convertila nunha etapa máis do destino, por iso rechazaban e condeaban o suicidio: o corpo do suicida era castigado, arrastrado polo piso, e non tiña dereito a ser sepultado na Igrexa... só no caso do soldado vencido que se suicidaba por honor, ou doutras formas de suicidio como o duelo."

En sociedades onde a sacralidade era a cosmovisión vixente, é lóxico que o comportamento suicida se rechazara, pois o home non tiñía permitido modificar o seu destino, que estaba nas mans de Deus. Tampouco se lle reconocía ó ser humano o dereito de impor á sociedade a presenza intempestiva da morte por unha decisión personal. Unha sociedad así, non permitía que o individuo a forzara moralmente nin a ela nin a Deus.

O suicidio estivo ligado á humanidade e ós seus costumes: os maias, segundo refire a historia, veneraban a Ixtab, a deusa do suicidio, e, no Lonxano Oriente, os xaponeses precticaban o "harakiri" para lavar a deshonra.

Foi a partir do século XIX cando se perdeu ese sentido de socialización, inserto na ritualidade. A sociedade emerxente rechazou aquel paradigma medieval. A morte foi liberada e pasou ó dominio privado, o cadáver era velado na casa, sepultado en familia, e nese sentido a morte pasou a depender cada vez máis da vontade do individuo. Deste modo, a sociedade occidental desvincuouse da morte e do suicidio en particular.

O suicidio era, tempo atrás en occidente, algo vergoñento para a familia; era sinónimo de debilidade, de enfermidade ou de conducta inadecuada, e por iso poucos ou case ninguén o daban a coñecer. Actualmente as cousas son distintas, xa que este acto vese como un síntoma de enfermidade e é aceptado, o que aumentou as taxas de mortos por suicidio de modo alarmante. É un problema no que parece haber consenso entre sociólogos, psicólogos, psiquiatras, antropólogos e demógrafos, cando o consideran como un trazo da modernidade, un dos males do século XX.

[editar] Visión sociolóxica do suicidio

O sociólogo francés Émile Durkheim, na súa obra Le suicide (1897), sinala que os suicidios son fenómenos individuais, que responden esencialmente a causas sociais. As sociedades presentan certos síntomas patolóxicos, ante todo a integración ou regulación social, xa sea excesiva ou insuficiente, do individuo na colectividade. Por tanto o suicidio sería un feito social.

Durkheim comeza o seu estudio anos atrás cunha definición de suicidio como: Todo caso de morte que resulta directa ou indirectamente dun acto positivo ou negativo realizado pola víctima mesma, e que, segundo ela sabía, debía producir este resultado. Exemplo dun acto positivo: dispararse na cabeza; exemplo dun acto negativo: negarse a inxerir calquera medicina ata morrer.

Durkheim distingue catro clases de suicidios:

  • suicidio egoísta típico de sociedades deficientes ou carencia de integración social.
  • suicidio anómico característico da falta de regulación social (anomia), as normas sociais non son interiorizadas como propias por parte do individuo.
  • suicidio fatalista cando existe un alto grao de regulación social.
  • suicidio altruista característico de sociedades con alto grao de integración social.

[editar] Suicidas famosos

Nin sequera as personaxes famosas da actualidade e o pasado víronse libres da tentación de atentar en contra das súas vidas, demostrando así que o suicidio é un feito que sempre estivo presente ó longo da historia da humanidade.

[editar] Véxase tamén

  • Eutanasia
  • Depresión
  • Home bomba
  • Kamikaze
  • Queimarse ó bonzo
  • Seppuku (harakiri)
  • Homicidio
  • Tendencia autodestructiva

[editar] Ligazóns externas

  • [1] ANDAR ONG Orientación en Suicidoloxía.

[editar] Grupos de apoio

[editar] Outros ligazóns


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -