See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Séneca - Wikipedia

Séneca

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lucius Annaeus Seneca, mellor coñecido como Séneca o Novo, ou aínda, o filósofo clasificado xeralmente como estoico, naceu ao redor do ano 4 a.C. en Córdoba, na época do Imperio Romano, e morreu no ano 65 d.C. en Roma.

Ficou exiliado sete anos en Córsega por causa da súa oposición a Calígula e Claudio, e despois foi chamado a Roma onde se tornou preceptor de Nerón con 48 anos de idade.

Era o segundo fillo de Helvia e de Marcus Lucius Annaeus Seneca (Séneca o Vello). O pai era un orador elocuente. O irmán máis vello de Lucius chamábase Gallio e era procónsul (administrador público) en Acaia, onde en 53 d.C. topou co apóstolo Paulo. Séneca o Novo foi tío do poeta Lucano.

No ano 65 d.C. , Séneca foi acusado de participar na conspiración de Piso, co obxectivo de asasinar a Nerón. De feito, pretendía el mesmo tornarse emperador de Roma. Descoberta a conspiración, sen ningún xuízo, foi obrigado a se suicidar e, na presenza dos seus amigos, cortou os pulsos. Tácito relatou a morte de Séneca e da muller Pompea Paulina, que se suicidou de seguida.

[editar] Contemporáneo de Cristo

A pesar de ter sido Séneca contemporáneo de Cristo, non fixo ningún relato significativo sobre os fenómenos milagrosos que aparentemente anunciaban o despertar dunha poderosa nova relixión. Un feito tanto máis curioso canto Séneca, como filósofo que era, se interesara por todos os fenómenos da Natureza, como observou Edward Gibbon, historiador representativo do iluminismo do século XVIII, perito na historia do Imperio Romano e autor do aclamado libro A historia do declive e caída do imperio romano, unha referencia aínda hoxe.


[editar] A filosofía de Séneca

Séneca deseñado por Peter Paul Rubens
Séneca deseñado por Peter Paul Rubens

Séneca ocupábase de cuestións sobre a forma correcta de vivir a vida, ou sexa, da Ética. El vía o sereno estoicismo como a maior virtude. Xuntamente con Marco Aurelio e Cícero, cóntase entre os máis importantes representantes da Stoa romana (Stoa significa literalmente pórtico).

Séneca vía no cumprir do deber un servizo á Humanidade. El procuraba aplicar a súa filosofía á práctica. Deste modo, a pesar de ser rico, vivía modestamente: bebía apenas auga, comía pouco, durmía sobre un colchón duro. Séneca non viu ningunha contradición entre a súa filosofía estoica e a súa riqueza material: el dicía que o sabio non estaba obrigado á pobreza, sempre que o seu diñeiro fose gañado de forma honesta. No entanto, o sabio debe ser capaz de abdicar del.

Séneca víase como un sabio imperfecto: Eu eloxio a vida, non a que eu levo, senón aquela que eu sei que debe ser vivida. Os afectos (como desgaña, vontade, cobiza, receo) deben sobrepasarse. O obxectivo non é a perda de sentimentos senón a sobrepasaxe dos afectos. Os bens poden ser adquiridos, coa condición de non deixarmos que se estabeleza unha dependencia deles.

Para Séneca, o destino atopase predestinado. O home pode apenas aceptar o seu destino ou rexeitalo. Se el o acepta de vontade libre, entón goza da súa liberdade. A morte é un dato natural. O suicidio non se exlúe categoricamente por Séneca.

Séneca influenciaría profundamente o pensamento de Xoán Calvino. O primeiro libro de Calvino (e o primeiro dunha obra proficua) foi un comentario sobre o libro "De Clementia", de Séneca.

Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -