Sico I de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sico I (c. 758 - 832) foi un Príncipe longobardo de Benevento desde o 817 ata a súa morte en 832 ou 834. Antes disto foi o gastaldo de Acerenza. Tras o asasinato de Grimoaldo IV, Sico sucedeuno no trono do principado. Fixo as mesmas promesas baleiras de tributo e fidelidade ao emperador Luís o Piadoso que fixera Grimoaldo. Tentou estender o principado a expensas dos bizantinos. Cercou Nápoles en data descoñecida (quizais c.831), pero non deu tomado a cidade. Con todo, puido levar o corpo de San Xenaro, que fora bispo de Benevento. Foi tamén Sico quen fundou a dinastía dos soberanos de Capua ao concederlle a antiga cidade a Lando I como gastaldo. Lando honrou ao seu benfeitor chamándolle ao seu castelo Sicopolis. Sico foi sucedido á súa morte polo seu fillo Sicardo.
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Grimoaldo IV de Benevento |
Sico I de Benevento | Precede a: Sicardo de Benevento |
- |