Grimoaldo IV de Benevento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Grimoaldo IV (asasinado en 817), chamado Falco, foi un Príncipe longobardo de Benevento desde 806 ata a súa morte. Foi thesaurarius ou stolesayz/stoleseyz antes de se converter en príncipe á morte de Grimoaldo III, por riba do propio fillo de grimoaldo, Ilderico, outro stoleseyz.[1]
En 812, viuse na obriga de pagar 25.000 solidi de tributo a Carlomagno. En 814, prometeu un tributo anual de 7.000 solidi a Luís o Piadoso. Estas promesas, con todo, nunca se cumpriron e o seu sucesor, Sico, deu as mesmas baldeiras garantías. Os de Benevento eran, na práctica, independentes e ata finais do século IX non habían recoñecer o poder franco. Grimoaldo foi asasinado en 817 por un complot de nobres cobizosos do seu trono.[2]
[editar] Fontes
- Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press: 1981.
[editar] Notas
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Grimoaldo III de Benevento |
Grimoaldo IV de Benevento | Precede a: Sico I de Benevento |
[[ ]] |