See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Santiago o Xusto - Wikipedia

Santiago o Xusto

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Santiago o Xusto.
Santiago o Xusto.

Santiago o Xusto, tamén chamado irmán do Señor, a miudo identificado con Santiago o Menor ou ben Santiago de Alfeo, martirizado en 62, foi consonte a tradición, o primeiro bispo ou patriarca de Xerusalén, e o autor da Epístola de Santiago inclusa no Novo Testamento.

Hai tres persoaxes neotestamentarias chamadas Santiago:

  • Santiago, fillo de Zebedeo, irmán de Xoán, dito o Maior, un dos Apóstolos.
  • Santiago o Xusto, irmán do Señor.
  • Santiago, fillo de Alfeo, un dos Apóstolos.

Santiago o Menor identifícase ora con Santiago o Xusto, ora con Santiago de Alfeo.

Índice

[editar] Biografía

Santiago o Xusto foi unha personalidade importante da Igrexa primitiva[1], que dirixíu a primeira comunidade cristiá de Xerusalén.

Estaba fortemente ligado ao xudaísmo do seu tempo e mantíñase fiel á lei de Moisés, opóndose aos puntos de vista de Paulo.

O Concilio de Xerusalén, que se celebrou a fins dos anos 50, sob a súa autoridade e máis a de Pedro e a de Xoán (Feitos 2, 10), admitíu o principio da non circuncisión dos pagáns convertidos.

Flavio Xosefo rexistra a morte dun Santiago irmán de Xesús (Antiguidades xudaicas, XX, 197-203) no ano 62, decidida polos dirixentes relixiosos do Templo de Xerusalén; mais Xosefo fala unha liñas antes dese Xesús como un sacerdote do Templo, polo que non pode ser Xesús Cristo, pola simple razón de que os sacerdotes son da tribo de Leví e Xesús estaba censado na de Xudá.

Santiago o Xusto foi substituído no cargo de xefe da Igrexa de Xerusalén por Siméon (cfr. Eusebio de Cesarea, 3, 11, 32).

[editar] Identidade

Paulo, en Ga 2,9, descrebe así a Santiago o Xusto « ... Santiago, Cefas, e Xoán, que aparecían como columnas... ». No Novo Testamento é citado como un « irmán de Xesús ». « Na liturxia de Santiago, o irmán de Xesús é elevado á dignidade de irmán de Deus mesmo (Adelphotheos) » (Philip Schaff : History of the Christian Church, chapitre 4, section 29).

Santiago é citado por Mateo {Mt 13,55} ; por Marcos (Mc 6,3 e Mc 15,40) ; pola Epístola aos Gálatas (Ga 1,19) ; pola Epístola de Xudas (1). Tamén é citado por Flavio Xosefo.

Velaí o que dixo sobre o santoral a Conferencia de bispos de Franza : « Os eséxetas distinguen varios Santiagos arredor do Señor. Santiago o Maior, fillo de Zebedeo e irmán de Xoán; Santiago, fillo de Alfeo, do cal só se sabe que foi apóstolo, e máis, Santiago, irmán do Señor, do seu parentesco e orixinario de Nazareth. » A noción de irmán debe ser comprendida no sentido amplo utilizado na época. Podía significar un parente moi alonxado, como un curmán ou primo-irmám, ou ben indicar un duplo parentesco (de dous troncos).

[editar] Controversia sobre os « Irmáns e irmás » de Xesús

O Novo Testamento, en Mc 6,3 recolle a reacción de asombro dos habitantes de Nazareth, logo de escoitar a Xesús a ensinar na sinagoga: "Non é este o carpinteiro, o fillo de María, e o irmán de Santiago, Xosé, Xudas e Simón? E súas irmás non viven entre nós?". Hai desacordo sobre o que se debe entender nesas palabras segundo que sexan tomadas en senso estricto como fillos dun mesmo pai e nai ou nun senso máis amplo como parentes próximos, tal e como se fai en numerosos países orientais, onde primos e primas, que viven xuntos, son chamados 'irmáns' e 'irmás'. Os versículos de Xoán 19, 26-27 fornecen un exemplo de polivaleniae do uso de títulos parentais nos textos évanxélicos: aí Xesús dille a María, confiándolle o apóstolo Xoán: « Muller, velaí teu fillo » , logo, dirixíndose a Xoán : « Velaí túa nai » . Para os protestantes, María era virxe antes de nacer Xesúa, mais despois tivo outros fillos. Consonte a tradición da Igrexa ortodoxa, que sigue o Protoevanxeo de Santiago, Xesús e Santiago, serían de feito medios irmáns, fillos de José. Segundo a tradición católica, ambos serían primos curmáns des (é unha mesma palabra a que designa o irmán e o curmán, nas línguas hebrea e aramea) : dous dentre eles son, en efecto, sinalados como fillos dunha « María, nai de Santiago e de Xosé » en Mc 15, 40, que debe ser identificada con María, muller de Cleofás, de acordo a Xn 19, 25. O terceiro, arriba citado, Xudas é o irmán de Santiago o Xusto (Xu 1) e o cuarto Simón, é claramente designado como un primo curmán, fillo de Cleofás, irmán do Xosé, na 'Historia eclesiástica de Eusebio de Cesarea, quen afirma ademais que « irmán do Señor » referído a Santiago o Xusto non é máis que un chamamento.

[editar] Culto

Durante séculos, a Igrexa católica honrou a Santiago o Xusto ao tempo que o apóstolo Filipe, no día 1 de maio, data que conmemoraba o aniversario do traslado das reliquias de ambos os dous santos para a basílica dos Doce Apóstolos en Roma. En 1956, o papa Pío XII desprazou a festa para o 11 de maio ; mais no novo calendario romano a festividade foi fixada no 3 de maio.

Santiago o Xusto é festexado o día 23 de outubro pola Igrexa ortodoxa.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -