Eusebio de Cesarea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eusebio de Cesarea (Cesarea de Palestina, ca. 265 - ca. 340), foi un bispo e escritor en grego.
[editar] Biografía
Discípulo de Pánfilo de Cesarea, en colaboración co cal redactou os primeiros cinco libros da Apologia ad Origenes, escapou das persecucións anticristiás de Diocleciano e no ano 313 foi eleito bispo de Cesarea, gozando da amizade do emperador Constantino I.
A respeito da herexía de Arrio, Eusebio tivo, no Concilio de Nicea, unha actuación comprometida, ao asinar a condena de Arrio, mais refugando ao tempo condenar as teses do maior exponente do partito niceano, é dicir do bispo santo Atanasio.