Salgueiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Salgueiro | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Salix sp. | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O salgueiro (Salix) é un xénero de plantas con flor da família das salicáceas.
Índice |
[editar] Orixe e distribución
É un xénero orixinario do hemisferio norte que vive en zonas de clima frío ou temperado, con solos máis ben húmidos ou achegados a charcas ou correntes de auga. Algunhas das variedades arbustivas medran na zona subàrtica (tundra). Hai unhas 350 especies de salgueiros. O xénero apresenta moitos problemas taxonómicos e de nomenclatura, xa que existe unha grande variedade morfolóxica segundo especies.
[editar] Descrición
Son árbores, arbustos ou mesmo matogueiras. As pólas son, polo xeral, flexíbeis. Todos son plantas caducifolias. As follas son en xeral alongadas (similares ás follas da amendoeira, nomeadamente na especie Salix amygdaloides), normalmente dispostas de maneira alterna ao longo da póla.
Son plantas de sexualidade dioica, é dicer, que desenvolve os caracteres masculinos e femininos en plantas separadas. As flores dispoñense agrupadas en amentos (gatiños) e o froito é unha càpsula con varias sementes (4-8), do tamaño dunha décima de milímetro cada unha, facilmente dispersábeis polo vento.
Os salgueiros hibridan de xeito doado entre eles. A especie máis utilizada en xardinaría é a Salix babylonica, ou salgueiro chorón.
Son plantas que arraigan moi ben dunha estaca ou escallo (reprodución vexetativa), gozando de medra rápida. Por contra, as sementes perden viabilidade en cousa de días.
[editar] Usos
A madeira non é moi boa de calidade, pois quebra con facilidade. Porén, a cortiza é medicinal, así como as flores e follas dalgunhas especialidades (lémbrese que do salgueiro, Salix, extraeuse o ácido salicílico, a popular aspirina).
O vimieiro ou vimbieiro, Salix viminalis, é cultivada desde antigo para aproveitar as vimes en cestería e noutros usos agrícolas. Para obter as vimes ou vimbios, córtanse as árbores a ras de terra, dándolles un tratamento especial aos plantóns novos que xurden. Hoxe en día estanse a utilizar, en substitiución, outras especies vexetais distintas dos salgueiros.
[editar] Especies de Salgueiros
- Salix acutifolia
- Salix alaxensis, Salgueiro de Alaska
- Salix alba
- Salix alpina, Salgueiro Alpino
- Salix amygdaloides
- Salix arbuscula
- Salix arbusculoides
- Salix arctica, Salgueiro Ártico
- Salix atrocinerea, é a especie máis abundante na Galiza, moi usada para pechar fincas
- Salix aurita
- Salix babylonica, Salgueiro chorón
- Salix barrattiana
- Salix bebbiana
- Salix bonplandiana ou ahuejote
- Salix boothii
- Salix bouffordii
- Salix brachycarpa
- Salix cacuminis
- Salix candida
- Salix caprea
- Salix caroliniana
- Salix chilensis
- Salix cinerea, Salgueiro grís
- Salix cordata
- Salix daphnoides
- Salix discolor
- Salix fragilis, abundante na Galiza costeira e interior próximo a esta,
- Salix eastwoodiae
- Salix eleagnos
- Salix eriocephala
- Salix exigua
- Salix foetida
- Salix geyeriana
- Salix glauca
- Salix hainanica, Salgueiro de Hainan
- Salix helvetica
- Salix herbacea, Salgueiro anano
- Salix humboldtiana Salgueiro de Chile
- Salix humilis
- Salix interior
- Salix kusanoi
- Salix lanata
- Salix lapponum
- Salix lasiandra
- Salix lasiolepsis
- Salix lucida
- Salix magnifica
- Salix matsudana
- Salix mucronata
- Salix myrtilloides
- Salix myrsinifolia
- Salix myrsinites
- Salix nigra
- Salix pedicellaris
- Salix pentandra
- Salix petiolaris
- Salix phylicifolia
- Salix planifolia
- Salix polaris
- Salix pseudo-argentea
- Salix purpurea
- Salix pyrifolia
- Salix repens
- Salix reticulata
- Salix retusa
- Salix rosmarinifolia
- Salix salicicola
- Salix salviefolia, Brot., frecuente nas cuncas do Sil e Miño,
- Salix scouleriana
- Salix sericea
- Salix serissima
- Salix sitchensis
- Salix tetrasperma
- Salix thorelii
- Salix triandra, frecuente en Galiza no treito final da bacía do Miño,
- Salix viminalis
- Salix waldsteiniana
- Salix wallichiana