See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Rivaldo - Wikipedia

Rivaldo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Rivaldo
Nome completo: Rivaldo Vitor Borba Ferreira
Alcume: O Pelé Branco
Data de nacemento: 19 de abril de 1972
Lugar de nacemento: Pernambuco, Brasil
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Brasileiro
Clube actual: Olympiakos
Posición: Dianteiro, Mediapunta
Altura: 1,86 metros
Partidos internacionais: 74
Goles: 34 (Selección)
Ano do debut: 1989
Clube do debut: Santa Cruz
Ano do retiro:
Clube do retiro:

Rivaldo Vitor Borba Ferreira, mais coñecido por Rivaldo é un xogador brasileiro de fútbol. Foi Campión do mundo co Brasil no Mundial 2002.

Índice

[editar] Biografia

Rivaldo asinou o seu primeiro contrato profesional co Santa Cruz aos dezeseis anos en 1989, despois de ter impresionado ós olladores locais nun torneo de xuvenís. En 1991 marcha cara o Mogi-Mirim da primeira división brasileira. Asinou co Corinthians en 1993 e ó pouco tempo fai o seu estreo no combinado nacional nun encontro contra México, no que o Brasil gaña por 1-0, gol de Rivaldo.

En 1994 marcha cara o Palmeiras e gaña o Campeonato Brasileiro ese mesmo ano. Tamén conseguiron a vitoria no Campeonato Paulista de 1996. Participou nas Olimpiadas de Atlanta en 1996, onde o Brasil gañou a medalla de bronze. Ese mesmo ano marcha ó Deportivo da Coruña, onde fica só unha tempada, xa que no verán de 1997 o Barcelona paga a súa cláusula de rescisión e lévase ó xogador.

No Mundial de 1998 xoga co Brasil tódolos encontros do torneo, anotando 3 goles. Brasil quedaría coma subcampión, ó perder coa Francia na final por 3-0.

En 1999 é elixido Xogador do ano segundo a FIFA, gaña o Balón de Ouro e amáis diso, a revista World Soccer entrégalle o galardón ao mellor xogador do ano. Este ano tamén gaña a súa segunda liga co FC Barcelona.

No Mundial 2002 Rivaldo foi unha das grandas estrelas da verdeamarela, que conseguíu o seu quinto título mundial. Nos oitavos de final contra Bélxica anotou o gol do triunfo brasileiro nos intres finais, cando xa semellaba que habería que xogar unha prórroga. Nos cuartos tamén veu porta, anotando o gol do empate contra a Inglaterra. E por último, na final contra a Alemaña, aínda que non marcou foi decisivo nas dúas xogadas que remataron en gol. Un forte disparo seu que o gardamallas xermano Oliver Kahn non puido atallar serviulle a Ronaldo para marcar o 1-0. No segundo gol deixou pasar un balón lanzado por Kléberson dende a dereita, deixando sen marca a Ronaldo que puxo o definitivo 2-0 no marcador.

Unha vez rematado o mundial o FC Barcelona déixao marchar coa carta de liberdade, aducindo que non lle podían seguir pagando o seu salario, e Rivaldo ficha polo AC Milan por tres anos. As cousas non lle foron moi ben no clube italiano e logo dunha tempada con poucas aparicións no once milanista abandona o clube.

Un breve paso polo Cruzeiro, onde só xogou once encontros. e ficha polo que é o seu clube na atualidade, o Olympiakós grego no ano 2004. Xa na súa primeira tempada consegue gañar coa escadra grega a liga e a copa, anotando un total de 12 goles en 23 encontros.

Rivaldo figura na lista da FIFA 100, na que se inclúen ós 125 mellores xogadores vivos segundo a opinión de Pelé

[editar] Títulos

  • Coa Selección do Brasil:
    • Subcampión do Mundial de Francia de 1998.
    • Campión do Mundial de Corea e Xapón de 2002.
    • Medalla de prata nos Xogos Olímpicos Atlanta 1996
  • Co Palmeiras:
    • Campionato Brasileiro: 1994.
    • Campionato Paulista: 1996.
  • Co FC Barcelona:
    • 2 Liga Española de Fútbol: 1997-1998 y 1998-1999.
    • 1 Supercopa de Europa de Fútbol: 1997-1998.
    • 1 Copa do Rei de Fútbol: 1998.
    • 1 Copa Cataluña: 1999-2000.
    • 5 Trofeo Joan Gamper 1997-1998-1999-2000-2001
  • Co Olympiakos:
    • 2 Liga Grega de Fútbol: 2004-2005 y 2005-2006.
    • 2 Copa de Grecia: 2004 y 2005.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -