Reino do Ponto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O reino do Ponto foi un estado da parte norte de Asia Menor. Os antigos habitantes eran o bébrices.
O territorio foi sometido a Persia o -546, pero as tribos das montañas restaron independentes. Constituíuse en satrapía persa (satrapía XIX de Dario), cuxo goberno foi encargado a príncipes da casa real; as tribos gobernábanse polos seus xefes locais e tiñan que pagar taxas e achegar soldados ao sátrapa, se ben algunhas non estaban sometidas.
O -363 o sátrapa Ariobarzanes II someteu as tribos do interior. O seu sucesor Mitrídates II quedou de feito independente despois da fin do imperio persa a mans de Alexandre (despois do -334); a partir de -321 aproveitou as loitas entre os diádocos para ampliar os seus territorios. Morreu sobre o -301 e sucedeuno o seu fillo, Mitrídates III (rei Mitrídates I do Ponto).
Baixo Mitrídates VI Eupátor, o grande, produciuse o enfrontamento con Roma.
Ver Guerras mitridáticas.
Ao cabo da guerra, Gneo Pompeio anexionou a parte occidental do Ponto (ata Ischiopolis e a fronteira de Capadocia) a Bitinia e deu o resto a príncipes veciños (por exemplo a Deiotaro de Galacia, o chamado Ponto Gálata entre o Iris e o Halys).
Os colquidios recibiron unha porción do país e un rei chamado Aristarco; Farnaces II, fillo de Mitrídates VI, recibiu Crimea (Reino do Bósforo); a parte central entre o Iris e Farnacia é menos clara, ata que o -36 foi dado por Marco Antonio a Polemón I, fillo de Farnaces II, e desde entón foi coñecido como Ponto Polemoníaco (Pontus Polemoniacus) xunto coa Pequena Armenia, quedando separados á súa morte, e a viúva Pitodórida transferiuna ao rei Arquelao de Capadocia, polo que foi despois coñecida como Ponto Capadocio. O Ponto Polemoníaco pasou ao Imperio á morte de Polemón II, e foi convertido en provincia romana (63) baixo o mesmo nome, a pesar de que a miúdo era administrada xunto coa provincia de Galacia.
Sobre o 294 a provincia póntica dividiuse en dúas: ao oeste o Diosponto (que recuperou o Ponto Capadocio), e ao leste o Ponto Polemoníaco. No século IV o Diosponto foi rebautizado como Helenoponto e, no século V foi ampliado ao leste pola zona de costa, pero perdeu o Ponto Capadocio (que pasou a Capadocia Segunda), quedando entón o resto da provincia integrado en Armenia.
[editar] Dinastía Artabázida ou Mitridática de sátrapas persas
- Artabazo, sátrapa do Ponto, sobre -490 - sobre -470
- Fillo de Artabazo, sátrapa sobre -470 – -440.
- Ariobarzanes I sátrapa do Ponto, sobre -440 - sobre -410.
- Mitrídates I sátrapa do Ponto, sobre -410 – -363.
- Ariobarzanes II sátrapa do Ponto, -363 - -337.
- Mitrídates II sátrapa do Ponto (sobrenome Ktistos), -337 – -301 (independente sobre -334).
- nominalmente dentro dos dominios de Antígono, -316 – -301.
[editar] Dinastía Mitridática de reis do Ponto
- Mitrídates I do Ponto, -301 – -265.
- Ariobarzanes do Ponto, -265 - sobre -240.
- Mitrídates II do Ponto, sobre -240 - sobre -220.
- Mitrídates III do Ponto, sobre -220 - sobre -185.
- Farnaces I do Ponto, sobre -185 - sobre -170.
- Mitrídates IV do Ponto Filopátor Filadelfo, sobre -170 - sobre -150.
- Mitrídates V Everxetes, sobre -150 – -121.
- Mitrídates VI Eupátor, -121 – -63.
- Laodice (raíña), -120 – -115.
- Deiotaro de Galacia (protexido de Roma) -63 – -47.
- Farnaces II do Ponto e I do Bósforo, -63 – -47.
- Ariarates VIII de Capadocia, e I do Ponto, -47 – -39.
- Darío do Ponto, -39 - -37.
- Polemón I (rei do Bósforo do -14 ao -8), -37 – -8.
- Pitodórida (raíña), -8 – 19.
- Artaxes (Zenón do Ponto), 19 – 27.
- anexado a Roma, 27 – 38.
- Polemón II (rei do Bósforo: 38 - 39), 38 - 64
- a Roma, 64.