Bósforo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Mediterráneo e o mar de Mármara (que no seu outro extremo se comunica co mar Negro a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).
O Bósforo (Do grego bos: boi + foros: pasar, transladar; xa que na antigüedade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada en lingua turca Boğaziçi) é un estreito que divide en dous partes a cidade de Estambul, conectando ao Mar de Mármara co Mar Negro.
Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici (Bosporus I), de 1074 metros de largo foi completada en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede (Bosporus II) posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco kilómetros ao norte da primeira.
Un túnel ferroviario de 13,7 kilómetros está sendo construído e estimase o seu remate para 2008. Aproximadamente 1400 metros do túnel vanse construir baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.