Río Indo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Indo | |
---|---|
O Indo no norte de Paquistán |
|
Nacemento: | Monte Kailaish |
Altitude da fonte: | 5.300 msmn |
Lonxitude: | 3.180 km |
Caudal medio: | 3.850 m3/s |
Conca: | 1.165.000 km2 |
País: | China, India, Paquistán |
Desemboca: | Mar Arábigo (O. Índico) |
O ’Indo é un río do sur de Asia, que corre polo Tíbet (China), a India e Paquistán, e do que toma o seu nome a India. Flúe desde o Himalaia en dirección sudoeste e desauga no Mar Arábigo, logo de 3.180 km de curso. O Indo é un dos sete ríos sagrados da India.
Índice |
[editar] Percorrido
As fontes do Indo están situadas no Tíbet, no monte Kailâs ou Gangri, tomando o seu nome a partir da confluenza dos regos Sengge e Gar, que descenden do Himalaia e drenan os cordais de Nganglong Kangri e de Gangdise Shan. O Indo móvese logo para noroeste, através de Cachemira, ao sur da cadea montañosa do Karakorum, para despois virar gradualmente para o sur, abandonando os outeiros entre Peshawar e Rawalpindi. Neste tramo unha presa forma o encoro de Tarbela. A partir da unión con o río Kabul, o Indo é xa navegábel.
O resto do percurso do río cara o mar desenvóvese polas chairas do Punjab e do Sind, movéndose as augas con maior vagar. Atravesa Hyderâbâd, antes de desembocar no Mar Arábigo nun grande delta areoso de 7.770 km², que abarca uns 200 km de costa, ao surleste de Karachi, e que é considerado como unha das rexións ecolóxicas das máis importantes do mundo.
[editar] Fauna
Un dos animais máis salientes e curiosos que habitan as súas augas é o golfiño do Indo. Estudos xenéticos demostraron que o arroaz do Indo e o do Ganxes (Platanista gangetica), que eran considerados antes como distintos, forman en realidade unha soa e mesma especie.
[editar] Afluentes
- Gilgit (der)
- Gizar (der)
- Hunza
- Gumal
- Zhob
- Kabul
- Kunar
- Sutlej (esq)
- Beas
- Chenab
- Jhelum
- Ravi
[editar] Ver tamén
- Civilización do val do Indo.
- Sarasvati.
- Ioga.