Quadrivium
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O quadrivium comprendía as catro materias ensinadas nas universidades medievais depois do trivium. En latín quadrivium significa "as catro vías", "os catro camiños". O quadrivium supoñía completar o estudo das denominadas artes liberais.
Nas teorías educativas da Idade Media, o quadrivium consistía en aritmética, xeometría, música e astronomía. Estas materias continuaban o traballo preparatorio do trivium, consistente en gramática, lóxica (chamada tamén elocuencia) e retórica. Pola súa parte, o quadrivium era considerado como a preparación para o estudo da filosofía e teoloxía.
O quadrivium podería ser considerado o estudo do número: a aritmética era o puro número; a xeometría era o número no espazo, a música, o número no tempo, e a astronomía, o número no espazo e no tempo.
Andreas Capellanus (século XII) é unha das fontes que fornece maior información sobre o trivium e quadrivium no período medieval.