Provincia de Valencia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Valencia (en catalán València) é unha provincia española da Comunidade Valenciana ou Reino de Valencia ou simplemente Valencia, que é a denominación usual do país. A capital provincial é a cidade homónima de Valencia. Ocupa unha superficie de 10.563 km2, na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).
No 2005, o 70,14% dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Chiva, Cheste, Gandía, Paterna, Sagunto, Alcira, Xátiva, Requena, Torrente e Utiel.
Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo Leste; con as provincias de Castellón e Teruel polo Norte; Cuenca e Albacete polo Oeste e Alacante polo Sur.
A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.
Correspondenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.
[editar] Riscos físicos
De interior montañoso, a provincia de Valencia apresenta unha relativamente estensa chaira litoral, formada por terreos de aluvión, que serve de asento á fértil horta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo de Cullera, englobando na súa totalidade o Golfo de Valencia, que se extende desde o cabo da Nao ao de Oropesa.
Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son o Turia (que desauga nas cercanías da ciadde de Valencia, tras ter sido desviado o seu cauce) e o Xúcar (que desemboca en Cullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome de Albufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son o Palancia, que desemboca cerca de Sagunto, e máis o Serpis, que desemboca en Gandía.
[editar] Comarcas
Son a destacar as seguintes comarcas:
- Canal de Navarrés
- Camp de Morvedre
- Camp de Túria ou Campo do Turia.
- Costera
- Foia de Bunyol
- Horta de Valencia, subdividida en:
o Horta Norte o Horta Oeste o Horta Sur o Valencia
- Plana d'Utiel ou Chaira de Utiel
- Racó d'Ademús ou Rincón de Ademuz
- Ribera Alta
- Ribera Baixa
- La Safor
- Serrans
- Vall d'Albaida
- Vall de Cofrents