Albacete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidade capital da provincia de Albacete, na esquina sueste da comunidade de Castela-A Mancha (España).
Cunha poboación de 161.508 habitantes (2006), é a meirande capital de provincia da comunidade autónoma.
A tradicional industria local de navallas e coitelos ven sendo substituída nos últimos anos por unha diversificación do sector servizos, sendo Albacete un importante nó de comunicacións entre a meseta e a costa levantina.
Conta con Parador Nacional, Catedral e diversos museos (dos coitelos, de arte románica,...)