See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Presocráticos - Wikipedia

Presocráticos

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo nos seus primeiros pasos: Este artigo relacionado coa filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Posibelmente tamén poidas contribuír noutros artigos relacionados coa filosofía que precisan dunha revisión.


Os filósofos presocráticos son, como suxire o nome, os filósofos anteriores a Sócrates.

Esa división acontece debido ao obxecto da filosofía destes filósofos e da novidade introducida por Sócrates. Temporalmente, os Sofistas son anteriores a Sócrates, pois xa había sofistas antes de Sócrates, contemporáneos a el e posteriores. Mais o pensamento deles situase nunha categoría propia en certas veces, e relacionados a Sócrates noutras veces. Iso porque o pensamento de ambos (sofistas e Sócrates) chega a tocarse moitas veces; as súas diferenzas consisten en cuestións de conducta (os sofistas cobraban polo seu ensino, por exemplo) e algunhas posicións (os sofistas eran, no máis das veces, relativistas, por exemplo). Mais ambos representan unha certa ruptura cos presocráticos, que son tamén chamados de filósofos da physis.

Tales filósofos, considerados pioneiros da filosofía occidental, buscaban un principio, a arché, que debería ser un principio presente en todos os momentos da existencia de todo. Esa arché debería estar no inicio, no desenvolvemento e no fin de todo.

Son chamados "da physis" porque as súas investigacións xiraban sempre en torno do mundo material, físico; aínda que non poucas veces o arché fose algo non-físico, como os números, para os pitagóricos, ou o a-peiron (unha "cousa" increada e sen un comezo), para Anaximandro.

[editar] Parménides e Heráclito

Foi neste grupo de filósofos onde comezou un dos maiores debates da filosofía occidental (e esa discusión prosegue aínda en aberto, aínda que non nos mesmos termos e á luz de todo o pensamento occidental desde aquela época ata hoxe), entre Parménides de Elea e Heráclito de Éfeso.

Resumidamente: para Parménides e os seus seguidores (escola eleática), o movemento non existe. Súa afirmación "o que é, é, e non pode non ser, e o que non é, non é, e non pode ser" traduce o seu pensamento de que calquera movemento (e/ou mudanza) non existe, polo simple feito de que, se hai movemento, hai mudanza, e se hai mudanza, algo que non era pasou a ser (ou ao contrario: algo que era pasou a non ser), o que contradí a "regra" da súa afirmación (se o que é é e non pode non ser, é imposible que haxa movemento, pois o movemento implica en mudanza, o que, pola regra de Parménides, non soamente está errado senón que é imposible). Xa Heráclito pensaba xustamente o contrario: "Panta rhei" ("todo flúe") é a súa afirmación. Heráclito identifica o ser, a arché, co movemento. Para el, a única cousa que pode ser clasificada de inmutable é o propio movemento, e todas as outras cousas que existen están en permanente movemento, en permanente mudanza, e é imposible que non sexa así. Heráclito exemplifica, dicindo que "non entramos dúas veces no mesmo río", o que é verdade, pois as augas dun río están sempre mudando, as propias células dos seres orgánicos están sempre renovándose, e mesmo nos seres inorgánicos hai mudanzas (oxidación, erosión, etc).

Sócrates non se interesou por este debate, por estar máis preocupado co ser humano que co que é externo ao mesmo ser humano (a physis). Mais Platón e Aristóteles, sen descoidaren tamén este enfoque dado por Sócrates ao ser humano, procuraron resolver ese problema levantados por dous dos filósofos da physis.

O continuador de Parménides foi Zenón, autor dos famosos argumentos contra o movemento. Un deses argumentos é o seguinte: imaxine unha tartaruga posta para correr ao lado de Aquiles, o heroe grego, considerado invencible nas carreiras. Como a tartaruga é menor e máis fráxil, Aquiles dálle 10 metros de vantaxe. Nun primeiro instante, Aquiles percorre eses 10 metros - mais a tartaruga tamén percorre algúns centímetros. Novamente Aquiles está atrás, e precisa cubrir a distancia. Así a todo ao facelo dará tempo para que a tartaruga avance máis. E sempre haberá un espazo entre a tartaruga e Aquiles, acabando nun absurdo que comprobaría a inexistencia daquilo que chamamos movemento. Por tras destes argumentos lúdicos, Zenón profesaba a mesma crenza do seu mestre: a mudanza é unha ilusión.


Filósofos presocráticos

Escola milesia : Tales de Mileto · Anaximandro · Anaxímenes

Escola pitagórica : Pitágoras · Alcmeón · Filolau de Crotona · Arquitas de Tarento · Timeo

Escola de Éfeso : Heráclito — Escola eleática : Xenófanes · Parménides de Elea · Zenón de Elea · Meliso de Samos

Escola pluralista : Anaxágoras · Empédocles — Escola atomista : Leucipo · Demócrito

Sofistas : Protágoras · Pródico de Ceos · Gorxias · Hipias de Élide · Critias · Trasímaco

Dióxenes de Apolonia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -