Presidencialismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder. Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O Lexislativo, o Xudicial e o Executivo son independentes entre si.