Imperialismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O imperialismo é a formación e mantemento de imperios, ben sexa polo control territorial ou ben pola adquisición de materias primas. Noutras palabras: é a dominación política ou económica que exerce un país que é economicamente e tecnoloxicamente superior sobre outro en ámbitos que van dende o puramente económico e poden chegar ata ámbitos ideolóxicos e culturais. O termo úsase para describir a estratexia dun país para manter as colonias e a dominación sobre outros territorios, aínda que o país se autodenomine "Imperio" ou non.
[editar] Causas
[editar] Económicas
A crise do 1873 provocou o descenso dos prezos, e con proteccionismo, e dicir, a protección dos produtos propios de cada país prohibindo a entrada de artígos extranxeiros ou grabándos con impostos. Esto deu lugar a necesidade de encontrar novos mercados que non estivesen controlados por dito sistema. Por outra parte potencias capitalistas europeas como Inglaterra, Países Baixos e Bélxica necesitan dar saida o seu excedente de capital e fano invirtindoo en países de outros continentes establecendo préstamos, implantando ferrocarriles, instalando portos, etc. Ademais istos países necesitan buscar materias primas para as súas industrias xa que comezan a esgotarse ou a escasear en Europa.
[editar] Demográficas
En Europa, entre 1850 e 1914, produciuse un espectacular aumento demográfico, chegando incluso a duplicarse a sua poboación, polo que en alguns países empezaban a escasear os recursos. Gran parte da poboación, uns 40 millones de europeos, non tiñan outra saida que marcharse os outeiros do seu respetivo país xa que non contaban con traballo nin con alimentos suficientes para abastecerse todos e cambiar a sua residencia na busca de riquezas e mellores condicións.
O imperialismo é o dominio que exercen as nacións máis poderosas respecto a outras máis débiles.Ainda que non sempre de forma oficial. Pero non sempre denomínanse imperialismo o proceso de espansión económica que tivo lugar en europa a mediados do século XIX, sobre todo a partir de 1870.Durante este período, moitos paises europeos, especialmente Gran Bretaña, estenderonse primeiro de forma oficial e máis tarde anexionado territorios e formando colonias en Africa, Asia e o Pacífico. Este imperialismo foi consecuencia de busca fora de Europa de mercados e materias primas para a revolución industrial e deuse ata o comezo da primeira Guerra Mundial, en 1914 . A suposición da superioridade cultural, económica, moral, ideolóxica ou doutra índole do poder imperial sobre as zonas dominadas levaos imperialistas a ter unha idea positiva do mantemento e de adquistición de imperios. En cambio naqueles territorios que están suxeitos ós gobernos imperialistas a xente está descontenta, sintense explotada, etc.