Ponte Vasco da Gama
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Ponte Vasco da Gama é unha ponte sobre o río Texo, na área da Grande Lisboa, ligando o Montixo e Alcochete a Sacavém, moi próximo do Parque das Nacións, onde se realizou a Expo 98. Inaugurada a 4 de Abril de 1998, a ponte é a máis longa da Europa e a cuarta máis extensa de todo o mundo, cos seus 17,2 km de lonxitude, dos cales 10 están sobre as augas do estuario do Texo. O vano (lonxitude do taboleiro) do viaduto central é de 420 metros. Foi construida a fin de constituir unha alternativa á ponte 25 de Abril para o tránsito que circula entre o norte e o sur do país na zona da capital portuguesa.
Durante a súa construción foi necesario tomar especiais coidados co impacto ambiental, visto que atravesa o Parque Natural do Estuario do Texo, unha importante área a escala europea de alimentación e nidificación de aves acuáticas. Foi tamén necesário proceder ao realoxamento de 300 familias.
O nome da ponte commemora os 500 anos da chegada de Vasco da Gama á India, en 1498.
É unha das máis altas construcións de Portugal, con 148 metros de altura.