Polifonía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Polifonía. En xeral, este termo fai referencia á composición musical a varias voces, en oposicón á monodia, é dicir, composición a unha soa voz. Porén, o seu significado adoita ser máis concreto, e referirse a unha técnica de composición a varias voces que se moven independentemente, seguindo as regras do contrapunto, neste caso oporíase ao concepto de homofonía.
A orixe da polifonía está en relación coa filosofía escolástica, os polifonistas eran sobre todo intelectuais que gozaban co experimento deixando o contido do texto nun plano secundario. O motete dos séculos XII e XIII é a expresión musical perfecta do escolasticismo, París a través da Sorbona vai ser o centro do escolasticismo que é tamén a capital da polifonía grazas á Escola de Notre-Dame, conséguese un avance na notación musical ao poder reflectir con exactitude a duración dos sons, o que permite sincronizar máis eficazmente as voces entre si e unha maior participación do ritmo na composición polifónica, dotando dunha maior liberdade ao compositor. No século XV coa escola flamenga é cando a polifonía acada o seu máximo explendor.