See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pistoleirismo - Wikipedia

Pistoleirismo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O pistoleirismo foi un fenómeno que tivo lugar en España durante a crise da restauración de Alfonso XIII, entre 1919 e 1923. Consistía na contratación de asasinos a soldo por parte da patronal para facer fronte ós sindicalistas e traballadores máis activos. Á súa vez, os traballadores responderon cos seus propios pistoleiros.

No pistoleirismo houbo máis de 200 mortos por parte da clase obreira e 20 pola parte dos patróns.

Deuse sobre todo polo proletariado urbano e industrial, que se mobilizou e promoveu bastantes folgas, impulsado pola Confederación Nacional do Traballo en Barcelona ó contar con maior número de afiliados. Ante a súa influencia e poder, a Federación patronal reacciona violentamente, radicalizándose o enfrontamento patróns-obreiros que dexenera no pistoleirismo branco (terrorismo branco patronal) contestado, á súa vez polo terrorismo anarcosindicalista. Empresarios, autoridades políticas, autoridades eclesiásticas, forzas da orde por un lado, e líderes sindicais ou avogados por outro, foron obxectivos deste terrorismo que asolou Barcelona, aínda que tamén actuou noutras cidades.

Os empresarios responden co peche de empresas enviando ó paro e á fame a miles de traballadores, e co fomento de sindicatos amarelos ("libres") como o Sindicat Lliure. Por outro lado presionaron ó goberno para que frease como fora o auxe do anarcosindicalismo, despois do espectacular aumento de afiliación á CNT en 1918 e 1919. O Goberno nomeou ó xeneral Martínez Anido como Gobernador Civil de Barcelona. Este protexeu as actividades terroristas empresariais e reprimiu duramente ós sindicalistas aplicando a "lei de fugas". Ademais, contaban coa axuda do Conde de Salvatierra e do xefe superior de Policía, Miguel Arlegui.

Os pistoleiros brancos asasinaron, entre moitos outros, a sindicalistas como Pau Sabater en 1919, Evelino Boal en 1921, Salvador Seguí El Noi del Sucre e Francesc Comes en 1923, e avogados como Francesc Layret en 1920.

Como resposta, o terrorismo anarquista matou en 1919 a Bravo Portillo, en 1929 ó Conde de Salvatierra e en 1921 ó presidente do goberno Eduardo Dato. O grupo "Los Solidarios", formado para facer fronte a estos asasinatos, matou en 1923 ó cardenal zaragozano Juan Soldevila y Romero.

Na Segunda República aínda houbo algún rebrote do pistoleirismo dos Sindicatos Libres, como no caso da banda de Francisco Blasco en Badalona.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -