Francesc Layret
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Francesc Layret i Foix (Barcelona, 10 de xullo de 1880 - 30 de novembro de 1920) foi un político e avogado de ideoloxía nacionalista catalana.
[editar] Vida
Fillo de familia acomodada, tivo que utilizar durante toda a súa vida muletas ó verse afectado na súa infancia por unha parálise. Compartiu aulas con Lluís Companys no Liceo Poliglot. Máis tarde cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Barcelona.
En 1902 participou na fundación do Ateneu Enciclopèdic Popular, do que foi presidente en 1906, e na da Associació Escolar Republicana. En 1905 ingresou en Unió Republicana, partido polo que foi elexido concelleiro de Barcelona. Participou no departamento de Facenda do consistorio e foi uno dos promotores en 1908 dos orzamentos de Cultura que dotaban á cidade de escolas municipais nos que a ensinanza se impartiría en catalán.
Participou en Solidaritat Catalana e, xunto con algúns disidentes da Lliga Regionalista, fundou en 1906 o Centre Nacionalista Republicà, unido posteriormente á Unión Federal Nacionalista Republicana. En 1917 foi un dos impulsores do Partit Republicà Català. O órgano de expresión do partido era o periódico La Lucha, fundado por Layret en 1916. O periódico caracterizábase polas súas campañas a favor do republicanismo e o nacionalismo. En 1919 foi elexido Deputado a Cortes por Sabadell.
En 1920 o gobernador civil de Barcelona, Martínez Anido, realizou unha masiva detención de sindicalistas, nacionalistas e republicanos, entre os que se encontraban Lluís Companys, Salvador Seguí e Martí Barrera. No momento en que Layret abandonaba o seu domicilio para interesarse polos detidos, foi asasinado por pistoleiros brancos do Sindicato Libre, a patronal catalana. Organizouse unha folga en protesta pola morte de Layret, e o seu funeral converteuse nun acto político. Os asasinos de Layret nunca foron detidos.
[editar] Bibliografía
- Ferran Aisa. Ateneu Enciclopèdic Popular (1902-1999). Una història de Barcelona. ISBN 84-931045-0-7