See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Pieter Brueghel o Vello - Wikipedia

Pieter Brueghel o Vello

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Suposto autorretrato (ca. 1565)
Suposto autorretrato (ca. 1565)

Pieter Brueghel "o Vello" (Breda, 1525/1530Bruxelas, 9 de setembro de 1569) foi un pintor flamengo, célebre polos seus cuadros retratando paisaxes e escenas campestres.

Pieter Brueghel, coñecido como Pieter Brueghel "o Vello" (para distinguilo de seu fillo máis vello), foi o primeiro dunha família de pintores flamengos. Asinou como Brueghel ata 1559, despois os seus filhos retiraron o "h" do apelido.

Pieter Brueghel o Vello, considerado como un dos mellores pintores flamengos do século XVI é o membro mais importante da família. Probabelmente naceu en Breda, Holanda.

Foi admitido como mestre na Guilda de San Lucas con 26 anos, en 1551. Foi aprendiz de Coecke Van Aelst, artista de Amberes, escultor, arquitecto, deseñador de tapicerías e vitrais. Foi nesa altura que Brueghel viaxa a Italia, onde produce unha serie de pinturas, a maior parte das cales representan paisaxes. A súa primeira obra asinada e datada foi producida en Roma, no 1553.

En 1553 estableceuse en Amberes e dez anos depois mudouse para Bruxelas, de xeito permanente. Dez anos despois casou con Mayken, filla de Van Aelst, o seu antigo mestre.

Os seus cuadros, que realzan o absurdo na vulgaridade, están no entanto plenos de animación e pequenos detalles, expondo as fraquezas e loucuras humanas. A súa fama creceu a través dos gravados publicados por Cock, mais a súa paixón pola figura humana tornouno o máis representativo pintor flamengo do século XVI.


[editar] Obra

A Colleita (1565)
A Colleita (1565)

Existen aínda 45 pinturas sobrevivintes que se dan por auténticas, e outras que se coñecen mais están perdidas. Unha terceira parte destas obras áchase no Kunsthistorisches Museum de Viena. Existe tambén un grande número de debuxos e gravuras.

Voda campesiña (1568)
Voda campesiña (1568)
  • Paisaxe con Cristo e os apóstolos no Mar de Tiberíades, 1553, talvez pintada con Maarten de Vos; Colección Privada.
  • O peixe grande come o pequeno, 1556, Colección Albertina, Viena
  • Asno na escola, 1556, Kupferstichkabinett Staatliche Museen, Berlin
  • Parábola do sementador, 1557, Timken Museum of Art, San Diego
  • Paisaxe con a caída de Ícaro, c.1558, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • Proverbios holandeses, 1559, Staatliche Museen zu Berlin - Gemäldegalerie, Berlín
  • Loita entre o Entroido e a Cuaresma, 1559, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Batalla naval no Golfo de Nápoles, 1560, Galería Doria-Pamphili, Roma
  • Retrato dunha anciá, 1560,
  • Xogos de nenos, 1560, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Saúl (Batalla contra os Filisteos no Xilboa), 1562, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Dous macacos, 1562, Staaliche Museen, Gemäldegalerie, Berlín
  • O Triunfo da Morte. 1562, Museo do Prado, Madrid
  • A caída dos ánxos rebeldes, 1562, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • Dulle Griet, c. 1562, Museum Mayer van den Bergh, Amberes
  • A Torre de Babel, 1563, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • A fuxda a Exipto, 1563, Courtauld Institute Galleries, Londres
  • A "pequena" Torre de Babel, c. 1563, Museum Boymans-van Beuningen, Rotterdam
  • Morte da Virxen, 1564, Upton House, Banbury, Reino Unido
  • Camiño do Calvario, 1564, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • A Adoración dos Reis Magos, 1564, The National Gallery, Londres
  • Os meses. Un ciclo de seis ou doce pinturas dos meses ou estacións dun Libro de Horas, da que subsisten cinco:
    • Cazadores na neve (dicembre-xaneiro), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
    • Día nubrado (febreiro-marzo), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
    • Colleita de feno (xuño-xullo), 1565, Museo Nacional, Praga
    • Os seitureiros (agosto-setembro), 1565, Metropolitan Museum of Art, Nova York
    • O regreso da traílla (outubro-novembro), 1565, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Paisaxe de inverno con trampa para paxaros, 1565, Wiltshire, Wilton House
  • A calumnia de Apeles, 1565, British Museum, Londres
  • A Matanza dos Inocentes, c. 1565, Hampton Court, Reino Unido/Kunsthistorisches Museum, Viena
  • O pintor e o experto, c. 1565, Colección Albertina, Viena
  • Predicación de Xoán Bautista, 1566, Museo de Belas Artes, Budapest
  • Censo en Belén, 1566, Musée des Beaux-Arts, Bruxelas
  • A danza nupcial, c. 1566, Detroit Institute of Arts, Detroit
  • Conversión de Paulo, 1567, Kunsthistorishes Museum, Viena
  • Terra de leite e mel, 1567, Alte Pinakothek, Munich
  • O misántropo, 1568, Museo de Capodimonte, Nápoles
  • O cego guía de cegos, 1568, Museo Nazionale, Nápoles
  • Voda campesiña, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Danza campesiña, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Os mendigos, 1568, Louvre, París
  • O campesino e o ladrón de niños, 1568, Kunsthistorisches Museum, Viena
  • Os tres soldados, 1568, The Frick Collection, Nova York
  • Tormenta no mar, obra inacabada, probabelmente a derradeira pintura de Brueghel.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -