Pesca con mosca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Como o seu nome indica, na pesca con mosca, o cebo é unha mosca artificial realizada artesanalmente con plumas e que leva un anzol. Consiste en lanzar a mosca sen ningún tipo de chumbo cuns rápidos movementos cara atrás e adiante, e ten que caer suavemente na superficie da auga, coma se fose un auténtico insecto que acaba de caer aínda vivo sen saber o que lle agarda debaixo da auga, listo para saltar no aire e atrapalo entre os seus dentes. As capturas son normalmente troitas, comúns ou arcoiris.