See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
O silencio dos cordeiros - Wikipedia

O silencio dos cordeiros

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O silencio dos cordeiros (The Silence of the Lambs) é unha novela do autor estadounidense Thomas Harris.

Unha película baseada na novela (tamén coñecida co mesmo título) estreouse en 1991. Gañou cinco Oscars: mellor película, mellor director, mellor actor, mellor actriz e mellor guión adaptado, ademais de obter nominacións a outros dous.

Índice

[editar] Reparto

  • Clarice Starling - Jodie Foster
  • Hannibal Lecter - Anthony Hopkins
  • Jack Crawford - Scott Glenn
  • Frederick Chilton - Anthony Heald
  • Barney Matthews - Frankie Faison
  • Jame Gumb]] - Ted Levine
  • Catherine Martin]] - Brooke Smith
  • Ardelia Mapp - Kasi Lemmons
  • Lieutenant Boyle - Charles Napier
  • Sarxento Tate - Danny Darst
  • Sarxento Jim Pembry - Alex Coleman
  • Roden - Dan Butler
  • Axente do FBI en Memphis - George A. Romero

[editar] A película

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.


A película dá inicio cunha conversa entre Clarice Starling, unha nova axente do FBI, e Jack Crawford, a cabeza da división do FBI en perfís psicolóxicos de asasinos en serie. Starling é encargada de presentar un cuestionario ó psiquiatra Hannibal Lecter, confinado no psiquiátrico Baltimore por crimes de canibalismo. O motivo para este encontro é o asasino alcumado como Buffalo Bill, responsable das mortes de varias mozas adolescentes, e do que Starling debe sacar o seu perfil psicolóxico e os seus datos mediante a colaboración de Lecter. Este, no entanto, a pesar de mostrarse educado e cordial en todo momento con Starling, rexeita axudala co caso, e ela acaba por abandonar o lugar.

Posteriormente, a quinta vítima de Bill é atopada, e Starling queda con Crawford durante a autopsia. Esta indica que fora asasinada pasados tres días desde a súa captura. Ó examinar a boca da moza asasinada, ambos atopan dentro a crisálida dunha bolboreta. Starling leva a crisálida a uns entomoloxistas, que a identifican como unha Esfinxe da Caveira (Acherontia atropos), cuxo hábitat se limita meramente a algunhas zonas de Asia e os Estados Unidos. En Memphis, Tennessee, Catherine Ruth Martin está dirixíndose á súa casa en coche cando é secuestrada por Bill. Cando a súa nai, Ruth Martin (senadora) se decata, rende o pánico. Starling volve de novo con Hannibal Lecter e ofrécelle un trato: se el lle achega información relevante para atopar a Bill e rescatar á moza, a senadora Martin transferirá a Lecter a unha nova institución onde poderá gozar de máis liberdade e dunha fiestra con vistas ó exterior. Lecter, no entanto, proponlle outro trato a Starling: se ela participa nun quid prol quo con el e lle ofrece información súa persoal, el daralle a cambio respostas sobre Buffalo Bill.

O trato é aceptado e Lecter comeza facéndolle preguntas á axente sobre os seus recordos da infancia e a morte do seu pai. Despois, Hannibal explícalle que o que Bill busca é cambiarse a si mesmo e que é presa dunha obsesión que lle fai crer que é transexual, o cal se reflicte coa metamorfose da crisálida de bolboreta. Pouco despois, engade que Bil non naceu criminal, senón que se converteu niso ó sufrir anos sistemáticos de abuso, e que probablemente a procura de cambio se debe ó odio que sente en por si.

Mentres tanto, revélase como o Doutor Chilton, administrador do psiquiátrico, estivo escoitando en segredo a conversa entre Lecter e Starling. Chilton advírtelle a Lecter que a proposta de Crawford é mentira e ofrécelle unha nova: se revela a identidade de Buffalo Bull, será transferido a outro psiquiátrico, pero só se Chilton obtén créditos a cambio diso. Lecter insiste en que unicamente proporcionará esa información á senadora en persoa, e Chilton acepta. Sen que o médico o saiba, Lecter conseguiu ocultar o seu bolígrafo con hebillas.

Cando chegan a Tennessee, Lecter divírtese á conta da senadora, entreténdose coa angustia da muller, pero ó cabo do tempo decide deixarlle o nome real de Bill: Louis Friend (William Rubin na novela). Con esta nova información, o FBI emprende de novo a procura de Bill para salvar a Catherine.

Ó día seguinte, Starling e Lecter manteñen unha nova conversa onde a axente lle conta unha anécdota da súa infancia, cando unha noite, no rancho do seu tío, levantouse ó oír berros dos cordeiros destinados no matadoiro e intentou frustradamente salvar a un. Hannibal pregúntalle se aínda segue oíndo eses queixumes, e se cre que salvando a Catherine logrará acalalos. Antes de que ela poida responder, Chilton aparece para previr que Lecter poida achegar á axente datos de Bill, e Starling é conducida ata a saída.

Esa mesma tarde, Lecter pide de xantar chuletas de cordeiro. Usando só a hebilla do bolígrafo que ten camuflada na man, consegue escapar do psiquiátrico, acabando cos dous oficiais encargados de supervisalo. Para iso, finxe ser un dos oficiais, colocándose a súa roupa e os restos sanguentos da súa cara. Cando o atopan, métenlle nunha ambulancia en dirección ó hospital, onde Lecter acaba con todos os de dentro.

Mentres, Starling é enviada por Crawford á casa da primeira vítima de Bill: Frederica Bimmel, en Ohio, onde se decata de que Bimmel era costureira. As pezas do armario da moza asasinada teñen parches idénticos á pel arrincada da última vítima de Bill. Starling entón deduce que o que Bill busca é transformarse a si mesmo en muller tecendo capas de pel superpuestas entre si. De inmediato telefona a Crawford, quen lle informa de que a teoría da transexualidade coincide cun dos casos do hospital Johns Hopkins: Jame Gumb, nos arredores de Chicago. Trala chamada, Starling continúa entrevistando ós amigos de Bimmel.

Stacy, unha das súas amigas, coméntalle á axente que Bimmel traballou unha vez para unha muller chamada Lippman. Cando Starling vai á casa de Lippman e chama á porta, contesta un tal Jack Gordon. Starling entra e é entón cando ve unha Esfinxe da Caveira voando na casa ó seu arredor. Sen saber que facer, pídelle usar o seu teléfono e, cando este mira para outro lado, a axente saca a súa arma e intenta arrestalo. Bill, con todo, consegue desasirse e foxe. Ó perseguirlle, Starling atopa a Catherine pechada nun pozo aberto e pedindo axuda. Antes de que Clarice poida facer nada, as luces vanse e deixan á axente sumida na escuridade. Gumb, valéndose dunhas lentes de visión nocturna, xorde tras Starling e prepara a súa pistola. Ó oír o son do gatillo da pistola, Starling vólvese e dispara a Gumb, que cae morto. Finalmente, Starling rescata a Catherine e chama ó FBI.

Durante a súa gradación de honra como Axente Especial da Academia do FBI, Starling recibe unha chamada telefónica. Alén da liña está Lecter. Quere saber se os cordeiros deixaron de gritar. Clarice esta asustada, non sabe que dicir, repite o seu nome, inxenuamente pregúntalle onde esta. Lecter colga o teléfono, vello noutro país, pero cun motivo. Ó intre vello chegando ó Dr. Chilton, o administrador do siquiatrico, alterado, con gardacostas. E Lecter ségueo. Será a súa seguinte vítima.

[editar] Oscars

Premio Candidato
Oscar ó mellor Actor Anthony Hopkins
Oscar á Mellor Actriz Jodie Foster
Oscar ó Mellor Director Jonathan Demme
Oscar á Mellor Película Edward Saxon
Kenneth Utt
Ronald M. Bozman
Oscar ó Mellor Guión Adaptado Ted Tally
Nominacións:
Oscar á Mellor Edición Craig McKay
Oscar ó Mellor Son Tom Fleischman
Christopher Newman

[editar] Curiosidades

  • Robert de Niro ía interpretar a Pepita a pistoleira, pero rexeitou o papel, do mesmo xeito que Gene Hackman.
  • Michelle Pfeiffer (que traballara xa con Jonathan Demme en "Casada con todos"), era a principal candidata para o papel de Clarice Starling, pero rexeitouno ó considerar a historia escura e pouco conveniente para a súa carreira.
  • Anthony Hopkins aparece en pantalla durante a película pouco máis dun cuarto de hora.
  • A caveira que aparece sobre o corpo da polilla na portada está baseada nunha fotografía de Dalí.
  • Kenneth Utt, produtor do filme, interpreta ó Dr.Akin.
  • O director de cine Roger Corman interpreta ó director do FBI Hayden Burke.
  • Jonathan Demme aparece nun cameo ó final da película levando unha gorra azul.
  • O papel de Hannibal tamén foi ofrecido a Jack Nicholson, Robert Duvall, Jeremy Irons e Brian Cox, pero todos eles o rexeitaron.
  • Na primeira visita que Clarice fai a Lecter, este dálle a solución de onde vive Buffalo Bill. Cando Clarice lle fala do debuxo da parede, Lecter responde que é unha vista do Belvedere de Florencia; non existe tal pazo pero Buffalo Bill vive en Belvedere, como se observa na última parte da película.
  • Hai unha escena en flashback onde se observa a Clarice indo ó alpendre onde balan as ovellas; esta escena eliminouse.
  • Anthony Hopkins comentou que nunca parpadea porque era un recurso deliberado para facer ó personaxe mais inquietante, xa que nunca deixa de mirar á súa presa.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -